Clemente Estévez Cambra (II)

medico de aldea clemente francisco estevez cambra y rivas
Teño entendido que este meu tío avó pasou por San Xoán de Cuyo, situándose no Vale de Ullúm, capital de San Xoán, de abundantes riquezas, envoltas polos picos, é repletas de arroios, ríos e vales, buscando o destino para gozar dos soleados días, coa particularidade da cidade, convertida en paz, despois de ser edificada por completo no século XX.

E porque ademais, se asemellaba a súa terra natal de Fornelos da Ribeira, na Ruta do Viño. O mesmo ocorría con San Luís, que representaban aos españois en 1,594 unha veciña: Delia Suárez Monteagudo.

Hai escasa documentación a pesares dos diferentes arquivos do Cabido de San Xoán. Cabe a posibilidade que non fora un home público. Incluso cheguei a entrar no “barrio Patricias Sanxoaninas” sen resultado, moi a pesar dalgúns netos descendentes de españois. So encontrei a Delia Suárez Monteagudo oriúnda de Fornelos da Ribeira.Nada mais.

Penso eu, que a ocupación efectiva de terras, a estancia do meu tío avó Clemente, permitíralle vivir en Cuyo.

Entendo eu, que xa no ano 1.767 se creara o “curato” do Santo Cristo de Renca, sobre a base da capela. Daquela a poboación de San Xoán era en 1.812 de 40 españois.

Curiosamente, para min é, que a provincia tivera por patrón a San Xoán Bautista, como Fornelos, a súa terra natal, e que San Clemente tivera a súa capela. Dúas coincidencias que logro entender da a relixiosidade da familia. No 1.855 coa proclamación independencia de Cuyo, Clemente Estévez Cambra, con outros españois, crioulos e mestizos, chamándose “fillos da terra”, se asentaron o 20 de Xullo do 1.868 restablecendo a municipalidade da cidade de San Luís, chegando a ser corrixidor, ou tenente corrixidor dependendo do gobernador durante tres anos. Era coma unha cortesía do gobernador. Por hoxe nada mais.

Síguenos: