Na romaría do medo: ¡lagarto, lagarto!

romeria

romeria

¡Quen o diría que a Ermida de San Bartolomeu, no monte Sanomedio de As Neves, se chame a “romaría do medo”! Lagarto, Lagarto me dixen eu, cando de neno, pasei por alí acompañando o parente Emilio Domínguez Cambra, camiño de Santa Marta. E non era para menos, pois supuña mala sorte.

Lémbrome, por exemplo da escada da Cova de dona Urraca en Salvaterra, que cando se pasaba por ela, repetían ¡Lagarto, Lagarto! É sendo un rapaz escoitaba que a usaban para asustar o Demo; outros para conxuralos maleficios, que era tabú nas nosas aldeas. En cal quer caso, naquela época se usaba para todo.

Eu sempre tiven na crenza da xente que o lagarto era seu amigo; e contaba a lenda, ao menos antes, si unha cobra está a punto de morder, sempre hai un lagarto para facerlle cóxegas co rabo. Por extensión se di: Lagarto, lagarto, como contradito a cal quer situación que poida resultar prexuízo. Tal é neste caso na romaría do medo.

¡Quen se pega unha ducha hoxe co xabón Lagarto! Por exemplo. Si xa non existe.

Lagarto, Lagarto diría Xulián Redondo, na Razón, por demasiadas malas sortes; e nos falaba do sucedido a Diego Costa, dende que se lesionara en Bilbao, rodando costa abaixo ata a “ostia” de Lisboa, que quería que os números de Ronaldo e Messi soaran coas botas e balóns de ouro.

A lenda do Lagarto encontreina na Malena, na capital xienense, con unha antigüidade considerable, simbolizado por un monte que ven do uso, (como a romaría do medo), o lagarto de Xaén, utilizado para maldicir. De aquí nacera ,o preso e os pans, O pastor e a pel de ovella, o cabaleiro e os espellos. Por último a “sangue do lagarto”, que era un beberaxe, quentando sen ferver viño tinto (si é de Taboexa moito mellor), con tres cravos, canela en rama, azucre, cáscara de limón ou laranxa e anís, podendo tomalo frío ou quente, e durante o conxuro recitalo:

Sae lagarto ventrudo, do fogoso buraquiño,
Sae da cova e danza, con migo.
Volcán de Bencebú,escoita esta dor
Vomita o fogo, lanzándoo o vo.
Trasnos e fantasmas vinde a sangue
Esputade o odio sen facer vinagre,
Vento mareiro, afía os asubíos,
Que soen o oído como ladridos.
Homes do campo ou guerreiros,
Lanzade o pan, preparade o cordeiro
Acendede a fogueira no Sannomedio
É tragade as penas é os remedios,
É que rebente o lagarto no vertedeiro.

Síguenos: