A historia do oleiro, de oleiros, en Salvaterra

Salvaterra do Miño Galicia

Salvaterra do Miño Galicia
A historia e ben sabida, que en Oleiros de Salvaterra, na ribeira do pai Miño, había un oleiro que tiña por veciño a outro, dono dun lavadoiro de ouro. Por certo, traballador, alegre e moi festeiro.

Naqueles tempos do Conde de Salvaterra, se presumía que o veciño do lavadoiro de ouro, presumía de vivir con certos luxos que o oleiro envexaba ata o punto de rachalos tratos que lle prexudicaban, pois mentres o veciño do lavadoiro seguía sendo amigo de todos o outro seguía malhumorado. A envexa do oleiro non o deixaba vivir en paz, é, un mal día, decidiu xogarlle unha mala pasada.

Foi a velo Conde de Salvaterra, e lle dixo: Señor conde, “sei que vostede está orgulloso do cabalo que monta, pero o meu veciño do lavadoiro de ouro coñece un segredo, é si, o ordena, poderá converter en branco o seu cabalo”. Sería vostede o único en telo.
O conde, que por certo, como outros moitos non era moi listo, púxose feliz coa idea, é mandou chamar o veciño do lavadoiro de ouro, a quen lle ordena “lavalo cabalo”. Claro que, o escoitar o conde o veciño do lavadoiro, deulle a risa, pensando que era unha broma. Pero o ver o conde serio, é lembrando que non era moi intelixente, comprendeu a mala pasada do oleiro. Non obstante, espetáralle:

Señor conde: “Farei todo o posible por compracelo, o sistema que uso no meu traballo é a de recoller graos de ouro das augas do río, e non teño palangana tan grande para lavalo cabalo”.

A historia é a mesma que a de dous galos discutindo polo control do galiñeiro. Unha mañá, un deles, logrou vencer o outro, é se sentiu dono, obrigou o outro vencido, a que se fora, e o galo derrotado non tivo mais remedio que irse, como diría a mais grande de España, Rocío Xurado, é escondeuse detrás dunhas silveiras.

O galo vencedor se paseaba polo galiñeiro chulonamente, mentres as galiñas observaban molestas o galo, quen subindo o pau mais alto non só chamaba a atención as galiñas senón o gavilán que voaba por alí e o levou, é o galo vencido regresou o galiñeiro e prometeu as galiñas non ser tan soberbio como o outro. Disto había naqueles tempos na nosa terra do Condado.

De aquí, amigos, se desprende que cando obteñades un triunfo, agradecelo sempre, sen presumir.

Síguenos: