¡Sabedes cal é o mellor invento de tódolos tempos?

invento

invento
Quizais, o xeo, o fogo, a píldora, a anestesia ou a roda, a electricidade ou internet…

No grande invento da vida, coexisten xentes de vela práctica; outras de transcendencia e algunhas de humor é posiblemente outras de espírito revolucionario. É no grupo revolucionario, onde me movo eu, os que son capaces de localizar os grandes cambios sociais tras uns cacharros que sorprende as mulleres. Foi a elas quen cambiou a vida, como as compresas, a lavadora, porque agora, para os homes o condón, da tranquilidade, que está no medio camiño entre os revolucionarios e os que viven do humor, por exemplo. ¡Ah! E os que contemplan o papel hixiénico que nos invernos o pasábamos mal sen follas para limparnos, sobre todos nas aldeas. É o water porque cagar sentado, non tiña prezo.

É digo eu que a ningún deles lle falta razón. O retrete sobre todo de cando era neno, para min foi un invento que necesitou séculos para chegar ao que é hoxe.

Para moitas amas do fogar, os “visillos” foi o invento do millón, mais que o televisor ou o teléfono, porque sen eles non sabían como mirar os veciños. Houbo algún que pensou na roda, para o transporte, outros na anestesia e así sucesivamente.

Non me podo imaxinar sentila dor por falta da anestesia.

En canto o fogo, electricidade e internet, son a “troika” dos inventos. Moitos non entendemos a vida sen a televisión, sen a música, sen a auga quente, sen internet, sen a electricidade aínda que haxa quen pensa que o maior invento está a chegar. ¡Pode ser!

Eu xa cos meus anos, encontrei as miñas pequenas cousas que me fan vivir agradablemente. Hoxe, por exemplo, os cubiños de xeo e o colchón do descanso son uns dos mellores inventos. Son o pan de cada día. É o s digo que nun inventei nada, e ¿ti? ¡A que te pillei!

Síguenos: