Singular nome: “Progresista, F.C.”

Progresista fc

Progresista fc

Non estraño ren, porque na súa denominación se esconde curiosas historias da nosa moi querida terra de Fornelos da Ribeira. Porque o F.C. Progresista, naceu nesta terra aló polos anos vinte. E me teñen informado de haber xogado meu pai nel, como gardaredes. Tiña un compoñente político.

Os orixes nacen en Bos Aires, onde a agrupación “Juventud Progresista”, Hijos de Fornelos nace con a ideoloxía socialista.

Foron os retornados fornelenses, os que crearon a “Unión Progresista” con equipo de fútbol propio. Logo nacería “Progresista, C.F.”. Naturalmente o equipo desapareceu na Guerra Civil. E se refundiu no 1.997 tras a morte do ditador. Curiosamente leva no escudo en castrapo o nome da parroquia.

Acertadamente, non se podería chamar doutra maneira. E hoxe o equipo xoga no Campo de fútbol do Oural, o que naturalmente condiciona os horarios.

Non da para mais, sendo como é Fornelos da Ribeira, unha parroquia dinámica e festeira. Aparte, das romarías as diversas asociacións celebran a festa da Carne o Caldeiro, con obras de teatro e poesía, etc.

Aquí, no correr da historia alguén veu perder o norte, desviándose das referencias anteriores, do “Progresista”, na cadea de estraños acontecementos no 1.904, porque despois da fundación de “La Concordia”, no memorando da Sociedade “Juventud Progresista” de Fornelos de Bos Aires, sucedeu o “ C.F. Progresista” que honra a supervivencia.

Tódalas ilusións e esperanzas foron truncadas coa Guerra Civil, na que se apagou a voz, feitos e ilusión con un balance dramático, de todos coñecidos. Fenómeno que sorprendeu a moitos observadores, como conveciños, organizando en tempo libre, esta asociación de fútbol, de sociabilidade de orixe, xogando importante papel nas romarías, onde está o eido, onde fomos nados, e onde xogábamos de meniños.

Foi o peso dos emigrantes de éxito, Manuel González e o seu irmá Xosé Manuel; foi Ricardo e seu irmá Constante Sestelo, foi Rogelio Estévez Cambra (meu tío avó), os que colaboraron economicamente coa terra nai. So os cinco aportaron inicialmente o 74,4% dos primeiros fondos para tan loables iniciativas.

Non está demais lembralos, e lembrar a importancia dos lazos a hora de condicionar a sociedade,c ristalizada no “Progresista C.F.”.

¿Que lle pasou a “Unión Progresista” de Meder, nada no 1 de Novembro do 1.921?

Témola honra de comprobar como na Federación Galega de fútbol, da Segunda Autonómica, Grupo 13 de Vigo, aparece “Progresista, F.C.”, participando con Tomiño, Tebra, Cañiza, Goián, Neves, Alpinista, Xuvenil, Alerta, Arbo, ademais do Tyde, Xinzo e a Unión Deportiva Ribera, aínda que faltan algúns equipos mais.

Non nos esquezamos de que todo isto e consecuencia das forzas modernizadas que loitaron tolerantes pola progresista vida de Fornelos da Ribeira. Progresistas primeiro, logo demócratas vinculado, ante todo, o proxecto “democrático-progresista”. Aquí queda dito, con permiso da xunta directiva.

Síguenos: