Acción Gallega

accion gallega

Revista mensual da Casa de Galicia, de Bos Aires, do 30 de setembro do 1.921, aniversario da filial de Bahía Blanca.
Cen anos no mes de Agosto do 2.018, da filial Casa de Galicia en Bahía Blanca, mercé o patriótico entusiasmo dun puñado de enxebres da terra que formando unha Comisión organizadora, souberon contaxiar a outros mais, que sentían arder no peito a “terra meiga”.

ACCIÓN GALLEGA, se compracía entón, do prestixio e actividade de un distinguido compatriota nado no rueiro do Casco, en Fornelos da Ribeira (meu tío avó), Roxelio Estévez Cambra, e o infatigable secretario Ramón Pazos Isla, merecedores de toda gratitude.

Da puxanza e da nomeada filial, dera boa proba os importantes festexos conmemorativos, acontecidos en Bahía Blanca. Tanto fora así, que se trasladou o embaixador de España, marqués de Amposta, e o Intendente Municipal de Bos Aires, Xosé L. Cantilo, para presidir o homenaxe a Casa de Galicia, incluso se dispuxo dun trofeo, doado polos señores Onagoyti e Cía, da Capital Federal, e o saque de honra a cargo de Rogelio Estévez Cambra, respectivamente.
O obxecto era levar adiante a Casa de Galicia, creando a Comisión de Deportes, baixo a dirección de J. Prieto, entusiasta deportista.

Os comerciantes, Eladio Bautista, Barranco e Oyarzun, doaron os medios económicos necesarios para a simpática festa deportiva.

Os compoñentes da filial estaba formada por: Roxelio Estévez Cambra, presidente fundador, Antonio Sánchez, R. Pazos Isla, A Castro, A. López, I. Rivero, Antonio Peña e A. García Andinís.

A labor realizada foi inmensa.

Usando dunha feliz expresión que emprega La Unión, se encontra a Casa de Galicia, cos célebres xantares, ciclos de conferencias, teatro e participación nas grandes manifestacións que xustifican plenamente as verbas dos xornais mencionados.

Síguenos: