O xantar da honra

Da revista “Céltiga” do 12 de outubro do 1.925, aparece, como se anunciara no noso número anterior, haberse celebrado no HOTEL CELTA, que dito sexa de paso, estivo como sempre a altura do seu nome en canto a confección e servizo do suculento menú, o domingo 27 de Setembro próximo pasado, o xantar que a sociedade “Juventud Progresista de Fornelos y Anexos”, ofreceu o seu presidente de honra, Rogelio Estévez Cambra, aproveitando a súa estadía en Bos Aires, e con motivo de cumprilo 59 aniversario do seu nacemento. Ofreceu a demostración que se desenvolveu nun ambiente íntimo, case que diríamos: Familiar.

O presidente da sociedade Xesús Corbacho, quen en sinxelas e sentidas verbas puxo de releve o profundo cariño que os “fornelenses radicados en Bos Aires”, senten polo seu presidente de honra, que a súa vez, e nobre amigo de todos e patriarcal experto conselleiro.

O levantarse o señor Estévez Cambra, para agradecer a demostración, foi saudado con unha profunda salva de aplausos, acalados, cando visiblemente emocionado dixo: Queridos con veciños: ¡¡Gratitude!! Sexa a primeira verba que brote dos meus beizos o dirixirme a vos; porque ¡¡Gratitude!! Me din dende o interior do meu ser as pulsacións da sangue, os latidos do corazón, os deberes da conciencia…

¡¡Gratitude!! Porque non merecendo ren, me dispensades atencións que me honran en alto grado.

Desculpen para suplir a pobreza dos meus recursos intelectuais e non por vaidade nin ridícula pretensión de erudito, apropieime do que, respecto da gratitude, dixo o clásico Cicerone: Si non ai virtude que non me agrade posuír, prefiro a todas, a de ser e parecer agradecido.

O agradecemento non so e a mais belida de tódalas virtudes, senón que, en certo modo, nacen dela, tódalas demais.
Xa vedes: A gratitude e a primeira das virtudes que aniñan nos corazóns. Eu agradezo e recibo emocionado as atencións que me dispensades dedicándome a velada celebrada o 8 de Xullo, e este gustoso xantar, cuxos condimentos me traen a memoria sabores da terra, na que fun nado. Me traen, por asociación de ideas, brisas dos seus montes, floridos de toxos amarelos e violáceos carrascos; ar da ribeira do río Tea, rumores das súas fontiñas, notas dos seus cantares, lembranzas inesquecibles de persoas, rueiros e cousas… E as lembranzas mandan moitas veces. A onde vai a lembranza, a onde vai o pensamento, si o move gratos afectos, vai o corazón, vai todo o noso ser moral, so queda a materia, queda a forma corporal, pero todo o que é espírito se vai… E, nesta ocasión se foi o meu. Me vedes aquí, pero a memoria, o meu entendemento, a miña vontade, a potencia toda da miña alma, non está presente aquí, voaron co corazón nas alas do pensamento a terra española, a encantadora rexión galega, a aldea na que abrín por primeira vez os ollos. Os rueiros por onde andei de neno, onde xoguei, onde bulín cos amigos e camaradas, o fogar na que vivín, a igrexa na que se elevaron o ceo as miñas santas pregarias de neno inocente. Os piñeiros, os carballos de cuxa sombra gocei feliz, tendido no afofado chan.

E paradoxo lembrar,- nos causa pena-, de que ninguén estou seguro, quixo verse privado. So os condenados o báratro ansían as augas do fundo Leteo, río do esquecemento, para somerxerse nel, e borrar as lembranzas do pasado, como se borra dun encerado o que se escribira nel.

Por fundo que sexa o noso pesar, por triste que nos resulte lembrar cousas que foron e que xamais volverán a ser ¿Quen quere privarse da facultade de lembrar, senón o reprobas? Dicirme, veciños ¿Non preferides a pena de lembrar e sentir nestes momentos a lonxe patria, a terra nativa, a apartada aldea, a noiva, os pais, os seres queridos, a facultade de esquecelos ou de non lembralos mais? ¿Pode haber ilusións e esperanzas sen lembranzas? ¡¡Non!!
Dixo o mais doce e incorpóreo dos nosos poetas, Bécquer, o que tecía os versos con sutís fríos de sol.

Matar a facultade de lembrar, de sentir, de amorriñarse, de esperar e confiar nun futuro mellor que o presente, e matar de raíz a vida espiritual e con ela o que ten de fermoso, de pracenteiro, poético ,que o fai soportable e levidade.

Por certo, que cada día e mais penosa a vida. Non sei a onde nos leva a civilización presente. E certo que nos crea fisuras e refinamentos, pero a costa de sacrificios que concluirán, me parece, por dexenerar a o pasar o pasado.
Eu me aproximo o meu triste final, a destrución desta armadura corporal; ¡Pobres dos que veñen detrás! ¡Pobre da xuventude e dos meniños! ¡¡Pobres meniños!! Pensamos velos durmidos no regazo da nai, tranquilos, ignorantes do oprimido traballo e do aniquilado esforzo que nos prepara a civilización do século da fame. E nos resistimos a crer que, dentro das súas cabeciñas rapadas poidan caber tantas verbas, tantas teorías complicadas. Nos votamos a pensar e nos quedamos aterrados. Cinco centos conceptos diferentes terán que meterse nos cascos. Cada coñecemento ten seu dicionario, e eles terán que traducilo a outros idiomas diferentes e Deus sabe si o esperanto. So mentes a motocicleta esixe o emprego de duascentas verbas bárbaras, e así cada novo instrumento, cada aparato, terá que renunciar a tódolos vocábulos clásicos, reviravoltas, e tamén, as modernas expresións. Así e todo seu léxico, será algo monstruoso, enorme, case incapaz de ser retido pola memoria mais privilexiada.

Nós, ¡Ilusos! Habíamos pensado nun universo de horizontes mais mesquiños. Víamos os nosos fillos nunha poboación pobre e burguesa, sería un traballador e un home de ben, sensible ou alleo, piadoso e brando o infortunio. Houbéramos querido que, tranquilos no fogar o lado da compañeira da vida, recreado polos praceres rústicos e humildes sentiran o contemplar a menor violencia, asomar os ollos as bágoas e morrer tranquilo e relixiosamente no leito, puidera exclamar como os heroes espartanos: “Cumprín co meu deber”.

Si por misterioso designio un galego foi quen descubriu a América, galegos son, mais que outros o que labran, cicelan e robustecen os aneles espirituais que unen as nais e fillas. Galegos son os que mais fan por fomentar e fortalecer o santo ano, que debe presidir as relacións entre ascendentes e descendentes. “Cejador” recoñece o dicir no seu recente libro, “Terra e Alma Española”, sobre todo as galegas. Elas son as que mais fan por borrar os odios e malquerenzas que alí quedaron como efecto das guerras e apartamentos da patria común española.

Continuade sen desmaios, queridos veciños. Cultivade a “identidade”. Cultivade o amor a patria común, e a esta República hospitalaria que nos recibe e acepta a nosa colaboración sen prexuízos nin rancores; traballade no seu progreso e fortalecede os lazos da unión coa nai patria. ¿Quen hai quen a critica? Non importa.

E cando xa nos anos que non nos permita militar nas filas activas, cando teñamos que deixar a bigornia, e nos retiremos a descansar, a lembrar e lembrar esperando a hora da partida final, levemos nel, a satisfacción de ter cumprido co noso deber, no sentido mais amplo da verba. Levemos o orgullo de haber honrado a vida, porque quen morre sen habela honrado deixa na natureza a vacante dunha besta.

Ditosos os que poden no anoitecer da vida volver a miralo pasado, dende os rueiros nos que xogamos de neno, onde deslizamos docemente a infancia alegre, feliz, despreocupado, entre os afagos e tenruras maternais.

Termina o señor Estévez Cambra, seu sentido e elocuente discurso de novo os aplausos dos comensais fixando patente a admiración e cariño que se lle profesa. Houbo logo, outro momento no que os aplausos deberon soar profundamente e foi cando o señor presidente anunciou o espléndido regalo dun fermoso reloxo de ouro, gravado artisticamente que o señor Estévez Cambra, fixo entrega a sociedade, para ser rifado en beneficio da sociedade.

Finalmente fixo uso da verba o señor Román Rodríguez e o señor Rial Seijo, levando a adhesión de “Céltiga” a tan simpático acto e a tan xusticeiro homenaxe.

Eu como sobriño neto non teño mais que encherme de orgullo de ser descendente desta familia.

Síguenos: