Eu son da…

Fornelos Da Ribeira

Aldea de Fornelos da Ribeira por devoción, por sentido do amor a terra, polo vivo, pola natureza mesturada coa indignación por séculos do funcionamento social que obrigou a pechala boca a todos ata non fai moito tempo.
Hoxe, amigos, compaxino a vida recreándome na natureza, nos paxariños, nos cadelos, e nas xentes que se pasean o meu lado.

No meu blog condadodesalvaterradominho.com Veño publicando de todo canto acontece na miña Terra Nai, onde lembro as húmidas terras do galiñeiro do eido que daba de comer a miña familia.

Un pensamento íntimo, e a vez, colectivo das terras de Fornelos da Ribeira.

Aquela mirada de neno, persoal e social, tornouse tamén no blog almofadaesquecida.com que aquí está para todos os que queiran vela.

Lémbrome. Como non, de Fornelos e de San Francisco de Asís, cando chamaba as galiñas irmáns, e eu no silencio da noite, digo, agora me toca a min, como aos sonos da bolboreta, entre pétalos e pequenas deleitades.

Eu son de Fornelos da Ribeira, e quixera ser escritor reivindicando os oficios dos labregos, con poemas, e para as nosas donas, a lembranza do requeixo que se facía en cada casa. E reclamo para elas as súas benditas equivocacións, precisamente baixo a atenta mirada dos seus homes, que sorrinte pousan coa vaca diante delas. A teteira na cociña, os ovos no galiñeiro e a madriña, recollendo as hortalizas na horta.

Aqueles ano do 1.940 ata 1.950, ¡Que dez anos!

Son as orixes os que formulan a interrogante e conxugan a resposta. O que fai que se pregunte polo futuro. Sen as nosas donas non existirían os campos de labranza. Por sorte hoxe se trocou. Agora se empeza a velas. Sen embargo, aínda queda moito por facer. A xente de agora pensa que o campo e algo salvaxe, pero hai que mira aló, e preguntar que estaba detrás de quen e na man de quen…

Di Azorin : “Vivir es volver”, e Elías Canetti,” el presente es el culpable de todos los dolores”: Si, pero para aproveitalas na historia. Falar do pasado e entender o presente. E se te adentras e escavas, cando a doenza doe a nostalxia cae e xorde do pasado para ferir, a dicir de Gabriela Llansol.

¿Como contemplar Fornelos sen poñerse a tiritar?

Síguenos: