Miguel Monteagudo

Bernardo Monteagudo Miguel Monteagudo
Era descendente dun fillo de Fornelos da Ribeira, emigrado na Arxentina, pai de Bernardo José Monteagudo, casado, segundo as malas linguas con a criada dun canónico, que logo despois casara con el, e grazas a unha “pulpería” que lle montara puido pagarlle o fillo, a carreira de avogado. Hai que dicilo que fora moi discutido pola “limpeza de sangue”, aplicándolles cualificativos que non veñen o caso.
Recomendado por un crego, ingresara na universidade onde se graduara en Leis, no 1.808 exercéndose como defensor do pobre.

Descendente dos Monteagudo de Fornelos da Ribeira, incorpórase como Tenente do Exército revolucionario. Foi encarcerado compartindo unha actividade hostil coa Igrexa Católica, que resultou ser un factor desagradable do pobo, polo apegado catolicismo.

Este descendente de Fornelos da Ribeira, con sangue dos Monteagudo, no 1.812 apoiou a denuncia e a investigación sobre a conspiración encabezada por o español Martín de Alzaga.

Monteagudo for nomeado fiscal contra os independentistas.

No 1.812 fundara o xornal MÁRTIR OU LIBRE, e iniciándose na Logía LAUTARO.

No 1.814 apoiou o Director Supremo das Provincias do Río da Prata, para caer na cárcere flotante do Río da Prata, de onde escapara, cambiando de orientación política logo de chegar a Mendoza.

En Mendoza ,a Monteagudo, lle validan a pena de morte contra Correas, confirmada en San Luís. Aquí, en San Luís, namorase de Margarita Príngles, irmá do Tenente JUAN PASCUAL, pero a rapaza o rexeitara porque estaba namorada de outro.

Monteagudo, e nomeado fiscal no xuízo seguido os realistas. Logo retorna a Santiago de Chile no 1.820 e funda EL CENSOR DE LA REVOLUCIÓN.
No 1.821 embarca con San Martín como auditor do Exército Arxentino o Perú. E o 28 de Xullo do 1.821 proclaman a independencia do Perú, asumindo o Ministerio de Guerra e Mariña; mais tarde o Ministerio do Goberno e Relacións Exteriores.

No Perú, funda a SOCIEDADE PATRIÓTICA DE LIMA e a ORDE DO SOL, que persiste actualmente.

Tamén foi desterrado o Panamá baixo pena de morte, no caso de regresar.

BERNARDO JOSÉ MONTEAGUDO foi asasinado o 28 de Xaneiro do 1.825 cando vivía na súa casa, e se dirixía a casa de JUANA SALGUERO.
O cadáver boca abaixo, tiña nas mans aferradas o puñal cravado no peito.

Os seus restos se exhumaron no 1.878 e depositados nun mausoleo, foron enviados a Arxentina, o Cemiterio de Recolecta en Bos Aires, hoxe , mausoleo do Tenente Xeral Pablo Riccheri, na parte central do cemiterio, con una pequena placa que di: “Aquí yacen los restos del Dr. Bernardo Monteagudo”.

A vida e a obra de Bernardo José Monteagudo, foi obxecto de controversias políticas e historiográficas que nalgúns casos eloxian a paixón, compromiso e determinación revolucionaria do espírito dos Monteagudo.

Foi curiosidade miña dar coa biografía, ante a imaxe falsa, de Mariano Pelliza con Monteagudo “en su vida y sus escritos”.(Tomo II-1,816 – 1.825).

Manuel Lizondo Borda, publica a súa biografía no 1.943, que descoñezo.

Con este mesmo espírito que os Monteagudo arxentinos, os de Fornelos da Ribeira con AMADEO a cabeza, coas mesmas raíces, en 1.918 axuda os rapaces de Fornelos na primavera do 1.919 a formar a JUVENTUD PROGRESISTA, chegando a ser a entidade mais forte e respectada, de todas, mirando sempre as necesidades do labrego e izando a bandeira tricolor da II República Española.

Eu me lembro de Manolo Monteagudo, conversando coa miña madriña; lémbrome de oír falar de Delfín; tamén de Adela, e de Beatriz a coñecín nunha romaría, nas Fraguiñas. Para todas elas e eles, o meu mais recoñecemento.

Síguenos: