Os episodios mais negros da nosa historia

cementerio morte
Producidos nestes nosos lares, o 2 de setembro do 1.911, consecuencia coas loitas agraristas e os sucesos de Sobredo (Guillarei), no 1.922.
Este episodio consistiu na morte do dirixente agrarista Francisco Rodríguez, a mans do Secretario do concello de Salvaterra, Xosé Ramón Alonso.

Francisco Rodríguez (Pancho), regresara da Arxentina e vivía en Lourido onde tiña unha tenda. Alí lle chegaban os produtos que lle servía o Comercio que tiña o Secretario Municipal na vila de Salvaterra.

Este tal Ramón Alonso, era un destacado membro do clan Bugallal, acaparador de prevendas, dispensador de favores, e tiránico sen escrúpulos cos que non se prestaban a facerlle xogo. Xa os fillos facían alarde de matóns e fermosos.

Todo ía ben entre ámbolos dous, ata que Francisco Rodríguez (Pancho), fundou e dirixiu en Fornelos da Ribeira o movemento agrario. Entón Ramón Alonso, iniciou a persecución con multas, outras incrementando impostos ou reclamando cartos, ata que finalmente Francisco Rodríguez, presentou recurso na Delegación da Facenda que estimou e fixo que fora suprimido pola Xunta Repartidora do Imposto. Ademais, de controlalo deixou de nomealo “alcalde pedáneo”, que xa había renunciado alegando problemas de saúde.

Ramón Alonso, facendo valer as súas influencias caciquís, pechoulle o pequeno “estanco” que rexentaba. Pese a todo mantiña a súa economía ata o día 2 de Setembro do 1.911.

En As Neves, xestionou os atrancos administrativos con Manuel García Golmar.

E así, o sábado, pola mañá achegouse a Salvaterra para coller o tren ata As Neves, parando na tenda do seu amigo Rafael Rodal, cuñado de Manuel García Golmar.

Estando alí o alguacil do concello, por requirimento debía presentarse na Casa do concello, onde debía de falar co Secretario. A isto negouse Francisco Rodríguez, que nada tiña que falar co Secretario, falaría en tal caso co alcalde.

Logo, deste incidente, tomou o tren para As Neves, e regresou a Salvaterra a iso das 5 horas da tarde, volvendo a tenda do seu amigo Rafael Rodal, e a súa dona, e viu achegarse os dous fillos de Ramón Alonso, Xermán e Manoel, colocándose un na porta do concello, e o outro no comercio de Rodal.

Por alí se quedaron ata a saída de Francisco Rodríguez. O insultaron de tal maneira que Francisco volveuse atrás e díxolles os do establecemento: “Xa vedes, como me seguen ameazando. Si algo ocorre os responsables son eles”.

E a si foi, entre a vía do tren e a praza do castelo.

Chegado Ramón Alonso, con dous homes mais, e o seu fillo Xosé, en mangas de camisa, berrando: “Fogo sobre el, meus fillos, que aquí está o vello”.

Francisco Rodríguez votou a correr en sentido contrario, e Ramón Alonso disparoulle e caeu ferido soando mais disparos.

Non vou a contar os berros do ferido nin nada dos agresores. Alí no chan recibira os últimos tiros.

Ante este feito Rafael Rodal, e a súa dona, Elvira García, se achegaron a auxilialo, e foron feridos na faciana.

¡Ai, amigos! Os xornais conservadores cambiaron o tema dicindo que fora Francisco Rodríguez o que buscara que os irmas dispararan e viciarán o cargador sobre Francisco.

Parte a comitiva fúnebre camiño de Lourido, pasando por diante do comercio do Secretario. A multitude cre identificar noutro coche a un crego que era o fillo do Secretario que tivo que liscar para chegar o seu destino. Tanto o conde de Bugallal, como os seus correlixionarios empezaron a moverse para colocar a situación baixo control. Os agresores foron detidos e levados a cadea de Ponteareas, pero días despois quedaron en liberdade baixo fianza.

Como o crime non espertara “alarma social” se lle concede a liberdade baixo a fianza de 15.000 pesetas.

Francisco Rodríguez deixa dona e dous fillos e todos eles son declarados inocentes. A oligarquía estaba lonxe de desaparecer.
No 1.920 se nubla a esperanza coa morte tamén do agrarista Xoán Domínguez Vietez, viúvo de 74 anos e veciño da Pedrapiñeira, que coincide coa protesta polo pago dos foros e rentas da terra.

No ano 1.932 cabían grandes expectativas que aclararan a morte de Xoán Domínguez que, como no anterior caso, terminou con un “desgraciado accidente casual”, a pesar das pegadas das pisadas que se debuxaban nas costas e gargalo, pero a xustiza resplandeceu para dar mérito os malvados, baixo a impunidade dos caciques que pasaron a ser os honrados e sufridos personaxes.

Aproveito tamén, para lembrar non so a memoria de Manuel Rodríguez Martínes, senón tamén, a Carlos Santos Cobas, Xosé Silva González, Xosé Álvarez Villar de Lourido, o meu mestre, e Xosé Portas Martinez que padeceron a depuración franquista.
Para que despois se diga que Fornelos da Ribeira non tivo mártires.

Síguenos: