Estampas de Fornelos da Ribeira I – A sogra do trasno

trasnos

A sogra do Trasno, era unha veciña, non sei si de Pedra Pequena, ou do Rebaído, vella orgullosa e dominadora que tivera unha filla que so facía a súa vontade. E cando chegara a idade de casar, o demo da vella xa tiña todo calculado. ¡Mira, filla! Eu quero o mellor para ti, soamente te deixarei casar co home que teña ouro, digo que sexa do rueiro do Oural, que ben de ouro, e que teña un cabalo, branco, coma o de don Clemente Francisco Cambra, pero con rabo de prata, orellas de burro fariñeiro, e montura dourada.

Pasara o tempo, e un bo día chegara a Pedra Pequena, ou o Rebaido, ¡non o teño moi seguro! un home de boa presenza que o parecer tiña os requisitos da sogra do Trasno, para casar a filla con el.

Todo fora ben, pero a sogra do Trasno, era tan dominadora que a facía traballar mais da conta. E, un bo día espetoulle algo. Era certo que posuía habilidade para transformarse en cadela, burra, como a de Manuel de Concha, en Cimadevila, ou esconderse grande parte do día.
Esta sogra comezara a sospeitar, e como non era boba, descubrira o xenro que non era mais que o Trasno. E non se lle ocorrera outra cousa que recoller na Tenda de Manuel de Concha, en Cimadevila, unha botella baleira, con un pouco de cera virxe, e o chamara:

“Xa me din conta do que fas, e non coñecía as túas habilidades, pero ¿A ver si es capaz de converterte en lagarto e meterte nesta botella?”.

O xenro, para non ser menos que a sogra, intentouno pero non foira capaz. A vella sen perder o tempo, tapou a botella coa cera e sacudíndoa lle dixo: Así que me querías enganar coa botella colgada no monte, cando pasando por alí un veciño, vira a botella e se aproximara a ela.
De repente escoita: ¡Sacádeme de aquí! Intrigado ante a botella, gritaba: ¿Quen grita? E de repente saíra o Trasno, e lle espetara: “Non te preocupes”.

E así fora como nacera o Trasno entre nós, aínda que xa antes xa falaran del.

Síguenos: