Estampas de Fornelos da Ribeira I – O amado das moscas

mosca

Contaban nos meus tempos de rapaz, que Amado era irmá de Antoniño, que ía poucas veces polas Fraguiñas, non así o seu irmá que se pasaba o día sentado no banco de pedra na Tenda de Xurreiras e outras na bancada de Guillade o outro lado da estrada. O certo fora que a súa nai o mandara a mercar un frasco de mel a Tenda, pois facía pouco tempo pasara o meleiro por alí, e deixara uns cuantos frascos. Así o fixo o rapaz. E cando ía de volta para o eido, unha nube de moscas o atormentaron. Amado, tratou por tódolos medios de espantalas como puido falándolles: “Si queredes mel hai que mercala”. Pero as moscas non so non lle contestaron, senón que, seguiron pegadas o frasco, e alí onde está a Casa Sindical, tirou o frasco, camiño do eido.

Xa canso de loitar con as moscas, decidira deixalo frasco na beira do camiño antes de chegar a Cimadevila.

A nai que o vira preguntoulle: Amado : ¿Onde está a mel? As moscas me seguiron e non quería deixala mel, pero: ¿Como a deixaches? Non te poñas así, algún día me a pagaran.

¿Algún día?

Si miña nai. Agora mesmo vou xunto a elas, para que me paguen a mel, pero véndoas tan entretidas decidira coller o coche da Empresa Raúl , e ir a Xulgado de Paz, en Salvaterra para denuncialas.

Loxicamente, o xuíz escoitou con paciencia a historia e coa ignorancia de Amado, lle dixo: “O que e cobrar os cartos da mel, non será posible, pero si podes castigalas; onde vexas unha, pau que te criou, a matalas todas”.

O domingo seguinte fora a misa coa nai, e vira o abade cheo de moscas detrás das orellas e sen querer arrioulle un pau para matalas, e o abade o levou a cárcere por falta de respecto.

Chegado o día do xuízo declarou que o había feito tal cal lle aconsellara o señor xuíz, e que polo tanto debera saír en liberdade. Como así sucedera.

Síguenos: