Estampas de Fornelos da Ribeira I – Silverio Rivera: Zapateiro Feliz

zapateiro

Así perdura aínda na miña memoria, como o zapateiro feliz de As Fraguiñas.

Un día fora visitado polo seu veciño Piñeiro, emigrante en Bos Aires (Arxentina), onde fixera moitos cartos e observara a alegría deste home, entre tanta miseria que entón había na parroquia de Fornelos da Ribeira. E non deixou de preguntarlle:

Si non é molesto ¿Poderíasme dicir canto ganas neste humilde traballo?

E tan pouco, que ata me avergoña dicilo, pero me da o pan de cada día para comer os meus fillos e a miña dona, e me basta para terminar o ano, aínda que tiñamos que privarnos de moitas cousas.

Esta actitude deixou sorprendido a Piñeiro, (por certo me regalara tres exemplares de libros de Salvador de Madariaga), para deixalo conmovido: Amigo Silverio: “Tome esta medalla de ouro que lle ofrezo e gárdea para cando a necesite”.

Me lembraba Silverio cando me contaba isto, que a partir de aquí cambiara a súa actitude que coa medalla tiña a maior riqueza do mundo, e iso que era agnóstico crente.

Silverio había escondido a medalla no faiado no eido da Laxe, onde vivía e descansaba con normalidade. Iso si, era tal a situación que o menor ruído da noite, se enchía de valor por medo a que o roubaran.

Un día xa canso da vida, foi a visitar a Piñeiro, antes de que embarcara no Porto de Vigo para Arxentina, e dicirlle:

Piñeiro: Quero devolverche a medalla de ouro, pois a miña familia e mais eu queremos vivir como antes.

E aínda que non o creades, Silverio Rivera recuperou a alegría de sempre ata a morte (d.e.p.).

Aquí estou eu para contalo.

Síguenos: