O neno dos merliños

merlo

Veño de lembrar hoxe aqueles merlos comúns chamados Merlo, macho de negro mate e pico amarelo con un anelo amarelo o arredor dos ollos; e Merla, de cor pardo con tíntes e peito gris, que tanto traballaron no eido da miña madriña, no rueiro de O Casco, na nosa bendita terra de Fornelos da Ribeira.

Merlo e Merla, nunca foron esquivos nin tampouco precavidos e desconfiados, fronte a calquera estraño, tolerando a presenza de persoas a entrada do eido de Cambra.

Lémbrome como Merla, saltando e correndo a trompicóns levantaba a súa canda, collendo palla que lle servía para facer o niño coa axuda de Merlo, seu compañeiro.

¡¡Daba gusto velos!! Merlo, cantaba e participaba na crianza dos poliños. Como tiñan o niño na carreira de entrada o fogar, conseguíamos darlles migallas de pan e coas lombrices que collían no xardín que adornaba a carreira, eran felices. Mosquitos tamén collían.

Nos días temperados do inverno e principios de primavera, se escoitaba o canto completo.

Para min, que entón tiña doce anos, escoitaba as mellores melodías, con tanta musicalidade insuperable en harmonía.

Curioso contraste, para min, vivindo en Vigo, nun ambiente oposto a vida natural, pero era así. Nos días que ía a Fornelos, os encontraba cantando con mais brío nos días de chuvia, e nos crepúsculos matutino e vespertino.

Merlo e Merla, tanto monta, ocuparon no parral do viñedo, na carreira de entrada o fogar, na época de cría, o niño, non tolerando a presenza de ningún outro merliño. ¡Que curioso!

E foi precisamente no parral, onde construían o niño en forma de taza, recuberto no seu interior de fina herba, e no exterior de palla e paus.

Merla ía incubando en solitario catro ovos durante 14 días. Os poliños durante eses días permaneceron no niño, e en apenas querían saír, ateilles un fío na pata de cada un, para que non se moveran, e así seguiron suplicando comida durante outros 14 días mais con gritos estridentes.

Logo os recollín, e a miña madriña fixo con elles un arroz que estaba para chouparse os dedos. Dende entón, recapacitei e nunca mais maltratei a ningún paxariño. ¡Xamais foron molestados por min!

A partir de entón, sempre estiven pendente da súa supervivencia, destes e outros paxaros, no seu primeiro ano de vida, xa que teño entendido que os melros novos, disminue seu porcentaxe o longo do ciclo anual, dende un máximo na época pos nupcial (85%), no inverno (78%), e na época de cría (62%).

Imposible confundir os merlos pola cor, a súa plumaxe e a súa conduta e actitude. O Merlo, co pico vivo amarelo, patas negras e iris dos ollos pardo escuros, e Merla, de garganta branca e pico amarelo sen o brillo de Merlo, a levo na miña memoria, sempre.

Para eles vai esta miña lembranza por escoller este refuxio, camiñando pola carreira e saltando a vez, para quedarse parado mirando cando entraba pola porta.

Facíame moita graza velo alarmado pola presenza miña, batendo as alas.

A verdade é que, o canto de Merlo e imposible de describilo de forma que o que me lea, terá unha somera idea da súa riqueza, limpeza de notas e fluidede. Observando se notaba efectivamente nel, esta actitude relaxada, sentado sobre unha ramiña da vide, abrindo o pico para cantar …

¡Cantas veces me lembro véndoo co pico pechado, mirando para abaixo, cantando suave e docemente, e eu, escontando o gorxeo melodioso no que intercalaba notas e gritos!

¡Cantas veces os vía na horta buscando alimento para os poliños!

¡Canto me lembro daquel día do ano de 1.942, topándome con estes graciosos inquilinos! E a Merliña mirándome asustada.

Xa lonxe da terra, na provincia de Guipúzcoa, alí me vin, iniciando o “Dia dos paxariños”, e o “Día das árbores”, colocando gaiolas e plantando árbores ,na súa honra. Así foi e así o digo moi gustosamente.

Síguenos: