Honrando o meu pai

Estévez

Grazas a Universidade de Santiago de Compostela, e mais concretamente a Facultade de Xeografía e Historia, sobre todo do departamento de Historia Contemporánea, sobre a “dinámica socio política en Vigo, durante a II República”, localicei a meu pai, Manuel Estévez Cambra, na “Tese doutoral”, presentada por Manuel Fernández González, baixo a dirección do Catedrático Justo Beramendi, que neste senso aparece afirmando a historia local viguesa.

Con elo, observei as diferentes maneiras da política social e outras fontes republicanas, consultando diferentes publicacións de diferente signo ideolóxico, como El Pueblo Gallego, liberal e autonomista, Faro de Vigo, monárquico, Vida Gallega, conservador e outros aspectos non so local, cando Vigo tiña 67.161 habitantes.

Era entón Vigo, un centro da inmigración que trouxo xente na busca dun mundo urbano, de oportunidade que non tiñan na orixe. Uns estudando e outros tratando de mellorar a situación socio laboral.

Daquela, a inquietude era ir a cidade para ter un rendemento económico, e porque non dicilo, tamén espiritual que necesitaba a xuventude.
E creceran por aquelas datas, edís socialistas as preocupacións da ensinanza, as rivalidades políticas que impedían realizar proxectos importantes. Xa daquela se falaba dun “Vigo sen escolas”.

Tiven a sorte de dar coa dinámica socio política durante a II República e documentarme, incluso, da Circular do Gobernador Civil da provincia, “en defensa dos dereitos dos meniños” pola explotación que deles se facía.

Documenteime da dedicación dos individuos empadroados, como era neses intres meu pai, en termos políticos. Sobre todo, no caso das eleccións. Xa daquela, se producía caro e vendía mal, en referencia os traballos da pesca. Xa había un padroeiro de pobres, e un rexistro sanitario de prostitutas, pero o que mais me interesou foi o grande elenco de grupos políticos que xiraban en torno a lexitimidade do novo réxime republicano. E eu, “enxertado” na rúa de Príncipe e Velázquez Moreno ( enriba de La Favorita), republicano, viu como o seu pai formaba parte da U.R.D. con Mariano Llorente Martín, Tomás Santoro Villavicencio, José Torrado Franco, José Tomé Pérez, José María Mora e outros, celebrándose o acto na Escola Nocturna Obreira, onde se decidira transformarse en ACCIÓN POPULAR.

A U.R.D. tamén contaba con unha Sección Feminina de carácter benéfico, político e relixioso, con algunha beca para fillos de obreiros no Seminario Diocesano.

Naquel tempo, “non ser español, nin bo católico, o que por covarde ou causa inxustificada deixe de cumprir coa lei e a propia conciencia lle impón, nos os monárquicos de avoengo, o cumprir a nosa misión, recomendamos os electores vigueses, voten os candidatos monárquicos, pois con elo, vai o afianzamento do principio de orde, sempre creador, evitando que a ola revolucionaria os envolva e sepulte no caos”. E así resultou ser que meu pai Manuel Estévez Cambra obtivera no distrito 1.449 votos, levando a lei sen covardía e o estandarte da verdade cos principios salvadores da familia, da sociedade e do patrimonio espiritual, chegando eu ata hoxe, honrándoo co cariño que todo pai se merece. Descanse en paz el e todos os seus compañeiros de partido. Eu me quedo co meu republicanismo como sempre.

Síguenos: