A infidelidade da maruxiña

peliqueiros carnaval

Con motivo da inauguración do Teleclub, en Fornelos da Ribeira, e coincidindo coas festas do carnaval, se anunciou un baile baixo as carballeiras de As Fraguiñas, a que a Maruxiña, non tiña moitas ganas de asistir, preocupada, pois corrían rumores de que o seu home lle era infiel.

Cando chegou a hora de ir para As Fraguiñas, Maruxiña, lle dixo o home que se encontraba indisposta e que non ía a ir e un deles debía ir.

Así foi, como o home da Maruxiña, engalanouse e se vestiu de “Arlequín do Toxo”, que o facía irreconocible.

A metade da noite, Maruxiña se disfrazou tamén e se dirixiu As Fraguiñas, pois quería comprobar si era certo o que contaban do seu home. Alí viu o Arlequín do Toxo, como ía de muller en muller, bailando con todas elas, dunha forma moi cariñosa. Fronte a tal situación, foi directa a polo Arlequín do Toxo, e utilizando os “seus encantos”, levouno a unha esquina do torreiro. E sen dicir verba algunha, para non ser descuberta, comezou o cortexo que terminou de forma luxuriosa ¡Vai ti a saber, como acadou!
Unha vez terminada a función, o Arlequín do Toxo, con xestos, lle indicou a muller que ía o Teleclub, a beber un viño, momento que aproveitou Maruxiña, para desaparecer.

A Maruxiña regresou o eido, e aí esperou o seu home.

Cando este chegou, lle preguntou:
¿Que tal a festa?

E o home con desgana, lle espetou:
Un puro aburrimento.

A Maruxiña comezoulle a ferverlla sangue e seguiu preguntando:
¿Non tes ren que contarme?

¡Que carallo, queres que che conte! Que me pasei toda a noite xogando o tute co Chaspante.

¿Seguro que so estiveches xogando as cartas?

Tal como cho digo. Tanto foi así que o meu disfrace de Arlequín do Toxo, se llo deixei o Juanito, que repleto de euforia, me estivo contando que por primeira vez, conseguira facelo o amor baixo a carballeira de As Fraguiñas…

Hai quen di que a cabra tira o monte, e hai quen di que o monte que mais lle gusta e o de “Venus”.

Por todo o visto, non todos vimos do mono, hai mais dun que viu da cabra, empezando por ser cabrito, para terminar en cabrón.
Esperemos que isto nos axude a vivir coas as aló, e a soñar cos pes no chan. Aquí na terra.

Síguenos: