Co suspiro da vela acendida

lume vela

A historia nace, como case que todas, na miña aldea de Fornelos da Ribeira, onde a protagonista vivía no rueiro de As Fraguiñas. Era toda unha dona, que vivía co seu home, iso si, alcohólico perdido, e co fillo, Pepiño, por mais sinais.

Lembra que facía un pouco lle trouxeran o seu home inconsciente, pois se había caído do andamio do eido do Correa, onde estaba remendando o tellado.

O parecer estaba un pouco bebido.

A dona, cría que non sobreviviría, pero o pouco tempo espertou e se puxo louco, querendo ferila muller, tal como facía cando se emborrachaba. Por suposto que ela se defendeu e o empuxou.

O home caerá e se dera coa cabeza no chan, quedando desmaiado, pero esta vez, ríxido e parecía non respirar.

Coa axuda de Pepiño, a súa nai, o colocaron na cama, crendo ambos, estar xa morto. Logo, a dona, saíra do eido e dirixirase a “Tenda do Xurreiras”, para preguntarlle que é o que debía facer.

A dona estaba tan farta del, que desexaba abrir unha carnicería en Fornelos, que non había, cos aforros que tiña, pero mentres estivera co seu home non podería facelo. Iso, si, aproveitando vivir na República Española, xa pedira o divorcio.

Sentía que, coa morte do seu home, as cousas serían distintas. Era unha oportunidade que se lle presentaba, pero cando regresou a casa, Pepiño lle informou que o seu pai non está morto. Que falara con el.

A nai, reprime a Pepiño, crendo que era unha broma de mal gusto, pero logo escoita a voz do seu home que lle pide auga.

O caso é que as campás tocaran a morto e a xente se había reunido diante da casa, antes de coñecerse que so era unha falsa alarma.

Loxicamente, a xente protesta mentres que un dos presentes lle aconsella que non beba mais, pois unha borracheira mais sería fatal.

Se foron retirando todos, e a súa dona contrariada meteuse na habitación pensando que xa non podería abrir a carnicería, espera co cabo da vela acendida se apague, para saír na escuridade a buscar algo… Ese algo era a botella da augardente que caladamente coloca na almofada do home, mentres este ronca.

A dona se deita xunto a el, mais tranquila e confiada polo porvir, mentres arde o suspiro do cabo da vela ata o final. E aquí nos quedamos.

Síguenos: