A carballeira das Fraguiñas

turismo rural galicia as fraguiñas

As historias da nosa terra son o espello da nosa alma, reflexos dos medos, as esperanzas, os sonos e os pesadelos da xente.
Se di que se pode entender mellor o pobo a través do folclore… Pois vamos a velo.

Conta a historia que fai moitos anos, aquí en As Fraguiñas, vivira unha velliña chamada Carballa, con poderes máxicos, outorgados polo “demo”, coa condición de que os usara so para facelo “mal”, porque senón, tres días despois morrería.

Aquí, na miña aldea de Fornelos da Ribeira, o frío do inverno fixo que unha familia non puidera refuxiarse na casa forte de Álvarez de Soutomaior. Tanto fora así que a meiga sentira pena dos dous rapaces, e co seu poder arrincou do muro da entrada, dúas pedras e lle prendera fogo que entregou a familia para mantelos quentes durante todo o día.

O frío seguiu, e a meiga volveu a usar os seus poderes para facelo ben e axuda a familia.

Pasaron os días e o terceiro, Carballa, se encontraba moi cansa, e pensando que igual so lle quedaba un día mais de poder, si volvería a axudar a familia, fixo acopio de forzas que lle axudaran para encher de pedras (algunhas aínda quedan), o arredor da costa que podería prender e dar calor.

Dos distintos rueiros da freguesía de Fornelos, viñeron xentes. Entón, sobre as cinzas, fundaron o que logo sería A CARBALLEIRA DE AS FRAGUIÑAS.

Carballa morreu precisamente aquí está enterrada, e dende fai moitos anos, protexe este rueiro; protexe a tódolos veciños baixo a carballeira, e sobre todo os eventos como son as festas e romarías, como punto de unión de todo o seu folclore anual.

As Fraguiñas non chegou a ser fraga, pero a “carballa” si chegou a ser carballeira , eternamente ligada a Fornelos da Ribeira. E que así siga…!

Síguenos: