O rueiro do Casco: conto de contos

aldea

O rueiro do Casco, onde fun nado, é o núcleo histórico de Fornelos da Ribeira, como núcleo urbano tradicional. Ben podería ser o sono visionario histórico dos Álvarez de Soutomaior e anteriormente dos Castro.

O Casco, e un rueiro de camiños ou vieiros angostos, con edificios de pedra, con Igrexa, casas solares etc… en forma de casco urbano. E si hai un casco histórico como o de Pontevedra, por exemplo, testemuña indiscutible do esplendor medieval, O Casco, de Fornelos da Ribeira, e un rueiro de abolengo, que revela o pasado da nobreza do Sur de Galicia.

O Casco, Conto de Contos , e un rueiro de lendas pasadas, e tamén é a miña aldea natal. Próxima As Fraguiñas, o Coto de Sa, e a Casa Forte dos Álvarez de Soutomaior, administradores dos foros.

O Casco é , unha encrucillada de camiños de tránsito de xentes que transportaban mercadorías e correo coas mulas e cabalerías. E, “A Taberna”, para xantar e entregar as súas cargas.

Eu que tiven a sorte de ser nado neste rueiro de O Casco, lémbrome daquela primeira ilusión, do brote da vida, cuberto de flores que salpicaban os campos tapizados de verde emerxidos da escuridade do inverno.

Foron xentes que se conformaron con pouco ¡ e verdade!, que so esperaban a vivir no solar que foi berce e lles serviu de repouso ata o final. Por iso non me estraña que amen a terra que pisan. Xentes que se levantan cedo, xantan pronto e fan vida de portas para adentro, polo que resulta frecuente ver os vieiros vacíos.

As xentes do lugar, conservan o seu estilo de vida, anclados no pasado. Os nenos seguen coa estela do pasado, e se senten fieis o anaco de historia que lles ferbe polas veas e puxan con forza a saída para América. E se preguntaban fai uns douscentos anos, ¿Que sería daquela pobre xente que cruzara o Atlántico na búsquea doutra cousa mais digna?

O Casco, se condensa en mais dun milenio de anos, de receos, de loitas de Pedro Madruga, de asedios, de batallas, de xustizas e inxustizas, de amores imposibles. Da emigración…

Pasear por este rueiro e, admirar o seu entorno natural onde o tempo se coce lento, en harmonía coa historia, a natureza e o patrimonio perdido en “haras da tradición”.

Lémbrome de haber un “Purgatorio” destinado pola man de Deus, para purgar e acrisolar as almas que saen dese mundo e que non poden entrar na Gloria celestial, como consta na Divina escritura.

Todos nacemos e vivimos en este mundo, pero non hai dúbida algunha de que son moitos e moi diferentes os universos en que en cada un existimos, polo simple feito de afincarnos un anaco de terra que estea situada nun lugar rico ou pobre.

O meu pobo e O Casco,
Na terra de Fornelos está,
Terra pobre e sinxela
De grande xenerosidade.

Ten as casas de pedra,
A súa Igrexa e campanario,
Unha carballeira irregular
Chamada As Fraguiñas
Creada con lealdade.

Lembranzas de anciáns,
Do seu traballo nas eiras,
Ilusións dos xoves,
Reunidos nas escolas.

Tantas cousas hai no Casco,
Que xa non podo lembrar,
De todas elas, a xente,
dedicando este poema
Para aqueles que xa non están.
E para todos os demais
¡Que nos protexa San Xoán!

E si este meu poema
Alguén quere criticar,
Que o faga sen reparos
Que non me vou anoxar.