Alma de aldea

cielo alma

E unha obra teatral escrita por Manuel Linares Rivas, amigo persoal de Rogelio Estévez Cambra, desenvolta nunha apracible aldea, tal vez como a nosa de Fornelos da Ribeira, lonxe do mundanal ruído, entre a nosa xente que se pasa a vida o marxe de todo ideal, e allea os goces do espírito.

Hoxe, como onte, mañá como hoxe, buscando o repouso, chega a aldea, unha doutora en medicina coa súa irmá que representan na comedia, o espírito da bondade, da renovación e do sacrificio.

A primeira coa súa simpatía, exercendo verdadeiro apostolado. Chega a ser a alma da aldea. Cura meniños, ampara os desviados, educa… Constanza, así chamada, encarna a loita da sabia nova, contra a rutina. Non ten ribetes de pedanta, nin de sabichona, predica co exemplo, se fai indispensable a cantos a rodean, porque e “auga cristadiña”, brotando da terra, a que acoden os que necesitan saciala sede.
A obra e unha mostra da “aldea”, a perspectiva do que será mañá, cando xustifique a semente que sementa Constanza.

A comedia e unha forza poética extraordinaria, polo admirable do ambiente, e as realidades dos personaxes arrincados a vida mesma. Na obra hai emoción e situacións cómicas trazadas con man mestra. Ambiente san, amable e poético.

O estreo de “ El Alma de la Aldea”, levouse a cabo no Teatro Cervantes de Bos Aires, con Antonia Plana, como Constanza, recollendo aplausos; Anita Quijada, co papel de Farruquiña, Díaz e Pérez Avila, impecables.

Faise mención especial a Carlos M. Baena, así como o conxunto artístico, dando a sensación da disciplina a que están sometidos.

Foron chamados varias veces os actores, e, entre prolongados aplausos o homenaxe tributado o 3 de Abril do 1.926 neste teatro Cervantes, o esclarecido Manuel Linares Rivas, con motivo da presentación do conxunto que leva o seu nome. E coa compañía amigable do seu entrañable amigo Rogelio Estévez Cambra.

Síguenos: