Fornelos da Ribeira, e o Corazón do Condado de Salvaterra

fornelos igrexa

A moitos fillos da nosa benquerida terra, por non dicir todos, lles sonará raro o título co que inicio este escrito. Sen embargo, a denominación “o corazón do Condado de Salvaterra do Miño”, nos lembrará toda a historia que debe ser recuperada para ben de todos. Porque, isto é o que eu chamo descoñecemento da historia, da incultura do pobo, favorecida, algunhas veces, por gobernantes políticos que mostraron a súa ignorancia histórica, por crer que o poder político ía acompañado da “ciencia infusa”, e todo o que levaron a cabo sempre era mellor.

Dende aqueles afastados tempos dos Fornelos de Teo, que bautizaron o noso territorio, pasando por Alonso Álvarez, no 1.557, que encontrou esta terra para vivir, pasando por Teresa Yañez, casada con García Díaz Messía, rico home en tempos de Alfonso VIII, Maior Pérez, filla de Arias Díaz Messía, en tempos de Alfonso IX, Suero Paio Suárez, falecido no 1,212, sen deixar atrás a Suero Yañez de Parada en Nigrán, casado con Maior Pérez, filla de Soutomaior da chamada casa forte de Fornelos da Ribeira, ata hoxe, non deixa de ser Fornelos da Ribeira, o corazón do Condado de Salvaterra do Miño.

No 1.546 Gregorio Avalle de Fiolledo ,vinculou o morgado de Fornelos o seu favor. A relación dos Avalle, con Fornelos, se desprende de que Francisca Rodríguez Avalle, nada e residente en Fornelos por 1.788 fora madriña de Juan Antonio, fillo de Juan Francisco Araújo e de Rosalía Troncoso do rueiro de O Casco.

Juana de Acuña Enriquez, casada con García Sarmiento de Soutomaior herdou Fornelos de seu pai, II García, Señor de Fornelos. E Pedro Madruga conseguira nomearse Visconde de Tui.

Antonio Troncoso de Lira, clérigo, Francisco Suárez de Puga, casado con unha Ameijeiras de Fornelos.

Francisco Correa Troncoso, camarada de Diego Sarmiento que sostivo pleitos sobre os bens dos Soutomaior en Fornelos no 1.570.

Os Pereira de Setados (As Neves), descendían dos Castro de Fornelos. Pedro Pereira, casou con Antonia Troncoso de Fornelos, e o seu fillo, casou en Paredes (Portugal).

Seguindo a Mariano Piñeiro Groba, os Pereira de Castro, tiñan casa en San Martiño de Moreira. Francisco Pereira de Castro, casado con María Rodríguez Requejo exercera de notario.

Outros, como Clemente Francisco Cambra, médico cirurxián do rueiro de O Casco, Domingo Rodríguez do Pazo, escultor. Francisco Rodríguez do Pazo, presbítero, quen en 1.724 funda unha capelanía na Igrexa de San Xoán.

Ignacio Estévez de Castro, licenciado, fillo de Jacinto e Manuela, casa con Rosa Cambra do eido de O Casco, e teñen a Clemente, José María, Josefa, Rosa (miña avoa),e Rogelio Estévez Cambra.

Neste, Fornelos da Ribeira, corazón do Condado de Salvaterra do Miño, como se pode observar cada pedra conta a súa historia, e nela, se pode ter a sensación de escoitar o visconde de Tui, Pedro Madruga cabalgando por esta terra urdindo a derrota dos irmandiños, pero xa moito antes Joâo Pérez, no ano 1.271 xa tiña viñas en Fornelos.

Mais recentemente temos a familia Brei, en Martín, Monteagudo en O Casco, Quimadelos, Sestelo, González, Estévez, Araújo, e algúns mais que xa non lembro, baixo a “porta en granito” perdida dos Soutomaior. Precisamente fora unha “das portas de acceso a chamada casa forte, onde hoxe está a Igrexa.

¿Se pode dubidar aínda de que Fornelos da Ribeira non é o corazón do Condado de Salvaterra do Miño? ¡Que veña Deus e o vexa!

Síguenos: