O romántico Progresista Club de Fútbol

Progresista fc

Así foi a primeira etapa da aventura do movemento romántico, na década do 1.830, cando fillos de Fornelos da Ribeira buscaron na Arxentina o espazo e esforzo integrador no pragmatismo de ROSAS, o único réxime posible, lexítimo colaborador da historia.

O hoxe, “Progresista, Club de Fútbol” de Fornelos da Ribeira non e mais nin menos que a lembranza daquela acción política, entre 1.839 é 1.844 que absorberá progresivamente as enerxías dos nosos emigrantes románticos, e a súa propia identidade colectiva. Incluso, daquel Vicente López, coñecido polo “ruín, pedante de aldea”, coa súa arrogancia turbulenta que provocou envexa e admiración.

Aqueles modernos fornelenses de onte, inspirados na política con Sarmiento, provocaron a admiración e envexa así como receo dos anfitrións. Tanto fora así que o presbítero, José María Cambra e Rivas, nado no lugar de O Casco, se atrevera a dicir: “Con un pais de tantos morgados e rendados ociosos, ignorantes e atrasados, ocupando seu tempo en tirar o que non lles custa adquirir, e así como a mala constitución da propiedade fomenta a infame do vicio en xogo, que afoga a industria, e imposible concibir unha cousa mais infame e inxusta que o modo con que aquí está constituída a propiedade; a servidume en toda a súa forza e a feudalidade en pe, sen armaduras de ferro, pero con murallas de piratas”.

Baixo este tema, o concerto das voces progresistas produzo un volcán romántico dos nosos emigrantes dende Río de la Plata ata a nosa aldea de Fornelos da Ribeira, que se foi espallando como unha esixencia no noso desenrolo social, etc.

A cultura debía colaborar na rexeneración da humanidade, e case que camiñando a democracia, que e a forma da sociabilidade, atizando o fogo daqueles sentimentos de igualdade e concluír coas reliquias do pasado.

Entón, Fornelos da Ribeira escoitaba as verbas ardentes que ferían o corazón e se facía resoar os aplausos de entusiasmo que tan ben recollen as redes sociais actualmente, para a información de todos.

Mentres na Arxentina Sarmiento aceptaba o desafío de probar na súa propia obra a historia, nós aquí, no noso eido de Fornelos da Ribeira, interpretábamos a Sarmiento co noso pasaxe socialista, republicano e cívico, hoxe representado no “Progresita, Club de Fútbol”.

Resulta sorprendente hoxe, o lamentable exemplo que se da aos fillos de Salvaterra do Miño, residentes na Arxentina coa propiedade do inmoble adquirido no 1.921,confiscado pola ditadura, hoxe nas mans da Xunta de Galicia, privando do goce de espírito que guiou os socios da UNION PROGRESISTA, rehabilitándoo para o seu uso, ao igual que a sede social EL PROGRESO de Fornelos da Ribeira, en estado ruinoso, en mans da Asociación de Montes en Man Común, sen poder saber que facer co el.

Síguenos: