Aquela lenda…

santa compaña lenda

Recollida de Francisco Xabier Fdez. Nogueira, que di que un certo día, unha vez que o vello se torna inutil, pai e fillo camiñaron xuntos cara a un deshabitado e salvaxe eido, sen outro adobío que, na maioría dos casos, unha manta para abrigo do vello, e nalgún que outro menos frecuente, unha petada de pan. Chegados a determinado punto do vieiro, o vello pide descansar, onde ten lugar a escena desta “historia”, o encaramarse o ancián o fillo e dicirlle: “Meu fillo, me levas a onde levei o teu avó, e teu fillo te levará…”

Ante a estrañeza do fillo, o vello, racha a manta é entrégalle una parte, mentres prosegue: “Toma, garda esta metade, que algún día che servirá…”

Non tivo aquel fillo coraxe para abandonalo monte, arrepentiuse e retornou de novo, xuntos para o eido.

Dende entón non se volveu a practicar esa anterga práctica nin coido que na miña sempre benquerida terra de Fornelos da Ribeira, houbera ocorrido.

A tradición sinala ter lugar sobre as nosas accidentadas e montañosas ribeiras, entre as que o río Miño devala tumultuosamente, cara a Monçao é Salvaterra, camiño do Océano Atlántico. O menos é o que se di.

Segundo a memoria oral, no noso eido, sobre cumes apartadas e incultas da serra do Pedroso ata a Paradanta, como na portuguesa Peneda, algo semellante ocorreu, como no Pozo da Ola, entre o pastoreo é a recolleita, vivindo da caza e pesca nunha vida durísima, etc…

Relato semellante conservado na aldea da Terra de San Martiño, onde a tradición di que se abandonaba os vellos incapacitados nas proximidades da ermida de San Fins, entre as parroquias de San Sebastián de Cabeiras (Arbo), e San Xosé, Santiago e San Ciprián (As Neves), coroando un destacado castelo que forma a Paradanta, Coto da Vella, Chan do Rei, Chan do Marco…

polos termos de Sela e Barcela, engadindo que a carballeira onde antano abandonaban os vellos, está acugulada e ciscada de osos e caveiras, sinal do moito tempo en que se practicaba esa bárbara costume.

Na realidade, a lenda do abandono dos vellos, resulta coñecida en toda a Paradanta, pois na propia Franqueira engadían que o despedirse dos vellos espetábanlle: “Adeus meu pai, que me fixeches adoecer na…”.

Esta lenda elaborada nos primeiros tempos da chegada do cristianismo civilizador, doceficou a costume pagán.

O paralelismo da lenda coa forma de vida, entre as dúas marxes do río Miño, non resulta estraño pois as costumes e tradicións populares da Peneda como as da Franqueira son irmáns.

Esta historia tráeme lembranza dos nosos homes de Fornelos da Ribeira camiñando cara a Lisboa ou Porto, cunha manta, unha petada de pan de centeo e as tamancas o lombo, é se acaso, algún real, para pagar as indispensables barcas do río Miño, pois doutra maneira houbéraa que gañalo penosamente polo traxecto.

¿Canta xente ai que se lembre desta situación? ¿Canta?

Síguenos: