A parroquia de Fornelos da Ribeira

Iglesia de San Juan de Fornelos

Adicado o meu amigo Lecio, xastre de Fornelos.

Empezarei por dicirlle o amigo Lecio, que unha parroquia hoxe, e unha división administrativa, como entidade colectiva de poboación inferior a concello, que noutro tempo tamén o foi.. Agora ben, a nosa parroquia eclesiástica de San Xoán de Fornelos é unha mais das 3.772 que existen e ten a súa orixe relixiosa.

Nós, que formamos parte do Concello de Salvaterra do Miño, coas parroquias de San Paio de Alxén, San Pedro de Arantei, San Miguel de Cabreira,San Miguel de Corzáns, San Paio de Fiolledo, San Lorenzo de Leirado, San Simón de Lira, San André de Lourido, San Adrián de Meder, Santa María de Oleiros, Santa Mariña de Pesqueiras, San Paulo de Porto, San Lorenzo de Salvaterra, Santa Comba de Soutolobre, San André de Uma, San Xoán de Vilacoba e San Xoán de Fornelos, corazón do Condado de Salvaterra e a Paradanta.

A partir de aquí, amigo Lecio, a vida parroquial en todas elas, se intensifican dun modo notable coa omnipresencia dos presbíteros (curas), na vida profana que leva as xentes o sentir da Igrexa, tanto nas celebracións relixiosas como nas profanas, capaces de ocultar as diferencias sociais que afectan as familias legas e o propio clero rural, vinculado a parentela fidalga, e labregos acomodados.

O feito de que a parroquia de San Xoán de Fornelos se destacase, aínda non foi investigada necesariamente, moi a pesar de haber cambiado nos últimos cinco séculos, tanto pola súa condición de pertencía a unha identidade como “célula no mundo”, como cauce de introdución das novidades entre as xentes non so de tipo relixioso.

Debo dicilo e digo, amigo Lecio, que as fontes documentais nos dan unha longa idea da nosa estrutura parroquial, en función do cambio en cinco séculos.

A nosa parroquia foi unha parroquia ben delimitada de enorme fortaleza, e de certos “curas de almas”, verdadeiros párrocos titulares do beneficio curado.

O crecemento do número de veciños multiplicando os décimos, a intensificación das relacións entre familias, a residencia reitoral, o “control do rebaño”, o funcionamento regular da Igrexa, a fundación das cofradias, o cumprimento das obrigas da misa os domingos e festas de gardar; confesarse, a asistencia os enterros, fixo que a vida comunitaria xirara en torno a parroquia eclesial de San Xoán de Fornelos, na súa totalidade.

Agora ben, tanto no tócante a vida relixiosa como as formas profanas de sociabilidade, o propio paisaxe na que destaca a Igrexa, e un verdadeiro testemuña en pedra da fe, como patrimonio comunitario, e no ámbito social o abade e a patente realidade.

¿Que pasaba? Que so se vía signos de pobreza na xente e unha terra fértil, cultivada a medias. Xente farrapenta e suxa, e nos eidos, fume, moito fume, piollos e pulgas. A única rica era a Igrexa. Non había ningún gordo, o único era o abade.

Supoño que estarás comigo que no século XVIII, o número de cregos tiña pouco que ver coas parroquias, por canto no 1.787 estes eran 3.678,algúns da miña familia ,nados no eido de Cambra, no Casco.

Non che digo mais que a parroquia superaba con creces os veciños, polo que o abade tiña asegurado a sustentación. Pero os liberais de Fornelos, foron en boa medida, en materia relixiosa, herdeiros dos ilustrados. A rebelión de abades sucursalistas no 1.910 solucionaron a papeleta. E Fornelos se converteu nunha parroquia de mortos, cando tamén era de vivos.

Ten en conta, amigo Lecio, que a vida parroquial e vida familiar estaban vinculadas o ámbito das celebracións dos sacramentos e dos acontecementos familiares, reforzada co despegue dalgunhas estratexias matrimoniais de carácter endogámico, onde ata o século XX, a endogamia constituía a pauta de nupcialidade fundamental.

Xa ninguén se lembra das “regueifas” que contaban con amplo asento na tradición cultural. Tampouco no control exercido pola Igrexa sobre a cultura popular, e a sociabilidade profana, xerando tensións e sancionando algunhas actitudes en materia moral que puñan en risco a vecindade, etc.

Ti, amigo Lecio, ben sabes que Fornelos xogou importante papel nos conflitos sociais que brotaron da emigración en solidariedade coa parroquia, como veciño, como parroquiano, diferenciado do feligrés, rachando coa lóxica da parroquia eclesial, recoñecendo a nosa “parroquia de Fornelos da Ribeira” como entidade de ordenación social, con personalidade xurídica, como enclave dos nosos antepasados.
Así que, amigo Lecio, queda aclarado o tema que algún día discutimos. ¡Vale!

Síguenos: