A lenda do piñeiro da forca I

piñeiro da forca

Sucedera en tempos inmemorables, no monte de Agrelo, do noso Fornelos da Ribeira, na que unha fidalga muller correra con angustia a presentarse ante o abade da parroquia, para someterse a confesión, e relatar o mal que lle aqueixaba: “A calqueira hora do día ou da noite, lle aparecía un home colgado nun árbore, quedando algún tempo, é cos gritos da desesperada fidalga tratar de afunxentalo”.

O principio o abade restoulle importancia o asunto, tranquilizouna que era a súa imaxinación, algún mal sono, pero tódalas semanas, a fidalga, se persoaba na reitoral, para contarlle o seu infortunio. Foi tanto así, que finalmente o abade, se cansara tanto, que prometeulle concorrer o rueiro do Piñeiro da Forca, para facerlle entrar na razón, e demostrarlle que non tiña ren que temer mentres a súa alma estivera libre de pecado.

Así o pensou e así o fixo: O abade se achegou o eido da fidalga, no Piñeiro da Forca, e agardou a que se produxera o momento da aparición. Comentaban que xa eran as doce da noite é estando o abade a punto de retirarse aparecera a figura do home colgado do árbore, ante os ollos do abade e a fidalga.

Era eu moi rapaz aínda, cando a historia di que no rueiro do Piñeiro da Forca, era o eido da fidalga, onde se desmaiara, e o abade, coa súa presenza increspaba o home aforcado, en nome da relixión rogando confesara que era o que quería.

O home aforcado con voz dointe e firme conta querer falar coa fidalga.

Total que, pese a contrariedade que isto provoca, a fidalga foi espertada e co auxilio do abade, dialogaron con aforcado.

Contara este que anos atrás indo para o eido, deshonrara unha rapaza, que agora vivía pechada na casa por vergoña, prometendolle matrimoniar, cando na realidade non pensaba facelo.

Dende entón, se encontraba nese camiño do Piñeiro manso da Forca, no monte de Agrelo, do que sabía podería saír del, si obtiña perdón da rapaza que era afillada da fidalga.

Tal era a razón, pola que se presentaba ante ela, en busca de perdón.

O abade, alentou a fidalga do Piñeiro manso da Forca, a cumprir co pantasma da árbore, segundo o interpreta a Igrexa: “Ese home está no Purgatorio”.

Convencida a fidalga, consultou e non dubidou en perdoalo, pero confesou que o faría para que non sufrirá penalidade, cando o home aforcado xa había desaparecido do Piñeiro da Forca, que maxestosamente se elevaba no monte de Agrelo. Árbore que polo outro lado non era ningún traidor, senón honrado.

O esperaron un día, outro e outro, pero non apareceu. Pero aquí queda vivo na memoria dos homes bos, nos corazóns que souberon comprendelo co verdor do monte de Agrelo, suplicando misericordia.

Así como foi, así o lo conto.

Síguenos: