A agricultura e modernización da aldea

Francisco Rodríguez (Pancho)

Lendo a Agricultura e modernización, lembreime do amigo Antón Lorenzo, “Xaque”, o entender o sentido agrarista de Francisco Rodríguez (Pancho), que entendía das particularidades do fenómeno técnico do agrarismo na nosa terra, e a concepción histórica do pasado, recollidas na súa estadía en Bos Aires. Dela, resultou desgraciadamente o asasinato o 3 de Setembro do 1.911.

Todo, por fundar en Fornelos da Ribeira, con outros, unha asociación agraria, que englobaba unha serie de cambios técnicos, económicos e sociais que modificarían a dinámica do sector agrario.

Documentos achegados a min, redactados por Claudio Robles Ortiz, (La Sociedad Nacional de Agricultura y la modernización tecnológica en la Agricultura), alcancei a entender a partir da década dos setenta do século XIX, como o noso Francisco Rodríguez, Pancho, regresara o seu Lourido natal, con un cargamento de ideas, particularmente agrarias.

Durante a década revolucionaria que lle tocara vivir na Arxentina da invasión “das patrias”, asimilou clara e concisa a idea de fundar e domiciliar no rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira con Monteagudo e outros, a que había de ser o punto culminante a despuntar no século XX, e que o caciquismo político do entorno cegouse no asasinato de Pancho, polo Secretario municipal de Salvaterra de Miño, José Ramón Alonso Álvarez.

O caciquismo da época non entendía da denominada “modernización rural do campo”, para modificar as bases agrarias da economía. E naquela etapa, posiblemente se lle escoitara a Pancho “que non houbera na nosa historia rural unha transformación, como a que se apuntaba”. Xentes progresistas contra o latifundio e a mentalidade retardada dos latifundistas. Isto explica, como nese cuarto de século, grazas os “retornados” de Arxentina (Pancho era un deles), tomaran nota da revisión de cambio, como forma capital da produción.

¿Modernización ou transición caciquil?

Detrás das palabras aparecen os feitos do asasinato e a multitude de xentes dicindo “non”.

Abandonada a Economía en tempos de Francisco Rodríguez (Pancho), os modelos e o pensamento non aceptado polo Secretario municipal, José Ramón Alonso Álvarez, que era a de ser sumiso, e non o cambio social que pretendía.

Francisco Rodríguez (Pancho), coñecía parte da rexión austral da Arxentina, e o latifundio gandeiro particular, incluso conviviu por un tempo nese sector nutrido de labregos e pastores, onde tivo man agrícola para o consumo de traballadores libres e escravos, que entón había.

Pancho, na súa estadía Arxentina, en Bos Aires, observara a apertura comercial do porto, que dera lugar a expansión rio platense. E na súa idea moderna, conviña na súa terra natal de San André de Lourido, baixo o candil, o seu estanco de tabaco retirado polo Secretario, como dono e señor de todo o habido e por haber. Caciquismo puro.

Posiblemente, Pancho, o noso mártir, tivera a sorte de ler o historiador José Pedro Barrán, sobre a constitución da nova crase, formada por maioría de homes non pertencentes a xerarquía tradicional.

O noso emigrante trouxo do pais de orixe, moitas actitudes sociais, a que ía a funda era un exemplo. Quizais o escenario da múltiple acción arxentina, aberta a diversas correntes e ideoloxías o levara o compromiso agrario. Del, resulta claro, que carecía de antecedentes familiares vinculados os círculos caciquís.

Bibliografía: La Popular, 1.914: El crímen de Salvatierra. Los comités auxiliares de la sociedade agrícolas de Puenteareas y Montevideo. El crímen de Francisco Rodríguez, Pancho. Mundo Editorial. Imprenta La Popular, 1.914. Vigo, Fundación Penzol. Mostra bibliográfica e Documental.

Síguenos: