A lenda do piñeiro da forca II

piñeiro da forca

O Piñeiro da Forca se elevaba maxestosamente no monte de Agrelo, na nosa benquerida terra de Fornelos da Ribeira, que durante moitos anos foi a nosa identidade misteriosa, incluso, para a nosa mociña, perdidamente namorada dun mozo, da mesma idade, que compartían interminables momentos baixo este frondoso piñeiro, aínda que non eran tempos para eles daquelas relacións de adolescentes. A prudencia debía invitar a calma, é a calma a astucia, é a astucia, a paciencia, para descubrir os momentos propicios para estes encontros furtivos no monte de Agrelo.

Pero o primeiro amor é descoidado, é os descoidos son bos compañeiros das envexas alleas, ou ¿non?

Ninguén na aldea, e menos aínda do rueiro de A CRUZ, vía esta relación con bos ollos. A tachaban de antinatural, e o pai decidira acabar drasticamente coa situación, para evitar a deshonra para a familia esixindo a morte do amado. Como así foi. Abandonou este mundo, a mans do pai da rapaza.

Desolada e resentida contra seu pai, decidiu vingarse pactando co Demo, pero un descoido a descubriu ante o pacto co Demo, sendo acusada de “meiga”, e queimada baixo o honorable Piñeiro Manso da Forca, testemuña daquel amor.

Antes de morrer aquel Piñeiro Manso, se dicía que de cando en cando se escoitaba gritos da moza, é que xunto a árbore, era posible escoitar cadeas, arrastrando a “alma en pena” da moza que vagaba por alí, o Piñeiro Manso da Forca, morrera por vello, e fora testemuña dos primeiros anos de vida, do neno Rogelio Estévez Cambra, que dende o eido de Cambra, no Casco, dirixíase a xogar a este monte de Agrelo.

Eu sobriño neto deste canto autor ao “Piñeiro da Forca”, contemplo o amor e a admiración que tiñan a este nobre piñeiro, que ata alí os levaba, rachando nubes, e cravando crestas do ceo a caixa dos misterios.

¿Que tería O Piñeiro da Forca na memoria, para aquela xuventude?

Pasaron os anos, moitos anos, e todo aquel encanto que tiña O Piñeiro Manso, morta a alma, infundira o destino de homes e mulleres, que era tanto como vivir, contemplar e asumir a vida, tal cal era.

Como todos, estaba condenado a morrer e quedar orfo o monte de Agrelo patrimonio da nosa riqueza sentimental.

Esta historia que rememoro, vivira na memoria, baixo o símbolo da identidade misteriosa, condenados a morrer, como todo, caendo ferido, como a moza, correspondendo os deuses, o demais.

Xa vedes, unha vez mais, vive a lenda e a lembranza, sinalando o Ceo, ofrecendo a súa “copa arbórea” a memoria da xuventude, para recibir as nocturnas perlas do rocío e o nectar vivificador das sempre andaregas nubes, parte sentimental do noso tempo.