De Vigo, a aldea Beleiro, na Patagonia

aldea beleiro

Quen ía a dicirme a min, que despois de tantos anos baixando e subindo pola rúa de San Sebastián, parte vella do Concello de Vigo, ía atoparme algún día con RAFAEL BELEIRO, emigrante na Arxentina.

Aquel Rafael, fotógrafo, gandeiro, comerciante e emprendedor embarcado na necesidade, como fixeron moitos dos meus familiares de Fornelos da Ribeira, e outros que non sabemos.

Sei que descendentes de Rafael Beleiro, visitaron o “fogar” onde nacera, e quen sen darse conta, a “Historia”, fixo xustiza, falando del, en Faro de Vigo e, en La Opinión de A Coruña, onde se cita como partiu no 1.909 cruzando o Océano Atlántico ata chegar a Arxentina, con parada en Montevideo, e logo, como impulsor na Patagonia (Aldea Beleiro), a que deu vida, puxo en marcha a escola, e traballou arreo na escolarización dos nativos.

Na Aldea Beleiro, viven netos e bisnetos que manteñen vivo o legado do avó e bisavó, na cordilleira do Chubut, onde non fai moito tempo estivera de xuíz un descendente da miña familia, Estévez Cambra.

Acertadamente o historiador arxentino proxectou o libro “ALDEA BELEIRO,HISTORIA DUN PEQUENO POBO DE FRONTEIRA”; e grazas a internet, interesoume o traballo de ERNESTO MAGGIORI, quen no 2.007, publicou o libro.

Curiosidades da vida, eu tiven a sorte de coñecer e viaxar de Vigo a Santiago de Compostela, con JUAN DOMINGO PERÓN, de incógnito, e Rafael, con el por todo o interior do país patagónico, chegando a todas as partes como portando armas para preservar a súa seguridade e a de todos), defendendo a oficina de Correos e a escola. Algo parecido tamén fixera meu tío avó Rogelio Estévez Cambra, en Bahía Blanca, como escriban, e Rafael, por suposto, montando LA HISPANA. MERCADERIAS GENERALES, con Vicente Pérez.

Mañoli Feal Beleiro, e a filla Mónica Favaroni, visitaron Roma e tamén Vigo, para honrar a memoria do seu avó e bisavó, encontrando so mentes a fachada.

Rafael Beleiro tiña casado con Matilde del Carmen Vidal, coa que tivera 9 fillos. Hoxe vive unha e netos e bisnetos.

Penso en todos os que chegaron a emigrar, todos homes xenerosos e emprendedores, que como Rafael,, no 1.922, lograra construír a casa escola, a chapa e madeira no seu recuncho arxentino, para alfabetizar os nativos.

Rafael Beleiro, morre un triste día do 8 de agosto do 1.986, día en que a comarca chora a súa perda.

Aquel Rafael Beleiro, xeneroso, todo bondade, que cruzara o charco con apenas 19 anos desembarcando primeiro en Montevideo para logo chegar a Arxentina e Aldea Beleiro, alí queda para sempre aos seus 83 anos de idade.

Eu me pregunto ¿Que achegamentos teñen entre si tódolos emigrantes? ¡Vai ti a sabelo!

(fotografía, La Opinión de A Coruña)