Lerias sobre o “oural”

lendas

Terra prometida para un modelo ideal de sociedade, que abrazaba ideais progresistas, sustentados en “Progresista, Club de Fútbol”, despois de tampouca cohesión social, como indicador para unha vida mellor que todos os veciños de Fornelos da Ribeira aspiraban.

Aquel camiño utópico das xentes activas de Fornelos, pasaron tan rápidas, que aquelas xentes emprendedoras de onte, con rasgos culturais en torno a ética, sobre o deber do traballo, as prácticas igualitarias, acabaron co progresismo nun Campo de Fútbol no Oural.

O santuario progresista redoblou esforzos co fútbol, para as novas xeracións.

Falando de lerias na historia do monte comuneiro do Oural, moito antes da chegada do fútbol a el, a xente, entón, esperaba a modernización da parroquia co Sindicato El Progreso, coa II República Española, pero caeu coa ditadura.

Se falaba por aquel entón, da mestura de sangue con mel, onde os veciños crearan a bebida inspiradora, que convertería un poeta, nun canto para gañar os corazóns das xentes.

Un pouco desviada da idea, naceu por encanto o Campo de Fútbol “Oural”, e se dicía que os veciños esconderan en lugar segredo a bebida inspiradora, mentres buscaban aventuras, mais ou menos, como hoxe co Progresista Club de Fútbol.

De camiño para As Fraguiñas, se pasaba por uns terreos onde se encontraban labregos collendo toxo; alí un sacaba a pedra de amolar, para proceder afiar a gadaña, creando un ambiente frío, que os veciños pedían a pedra, por ferirse entre eles.

¡Canta historia coa pedra, para afiar a ferramenta!

Enfurecidos ante tremendo descoido, comezaron a pelexarse e non se detiveron ata que todos estiveran feridos ou mortos.

Aquel veciño da Cruz, quedara impávido, dicindo que nunca se atrevera a pedir a ferramenta, que había que facelo con astucia.

Tras alcanzalo interior dos Montes Comunais, en Man Común, algún veciño adquirira aparencia divina nun manto estrelado da noite, pretendendo gañar o amor, como medio para extraer os recipientes, do lugar segredo, para tomar un sorbo de cada un deles. . . Así foi que, sorbo a sorbo, o Campo de Fútbol “Oural”, alcanzou a fama polos seus inspirados cantos.

Di as lerias do Oural, que alí se encontraron dúas fermosas “meigas”, que permitían visitala aldea de Fornelos de cando en cando, e na súa presenza asumían a súas fermosas e delicadas observanzas, atraídas polos trobadores celestiais no rueiro do Oural.

Dende fai moitos anos, mais dos que pensamos, a primavera da nosa xuventude que algúns mitólogos falan, deron a benvida o club de fútbol, prometendo bicar cada semana, as mazáns (goles), que levar no cesto. Grazas a froita máxica dos deuses co balón, a mestura da raza, ao través do tempo.

A parente aguia dos Fornelos de Teo, en Santiago de Compostela, fundadores da nosa terra, prometeron sacar ao exterior os fillos para América e de alí, naceu a posesión progresista, e a froita máxica do fútbol de hoxe.

Síguenos: