Un sono con visos de realidade

Cristóbal Colón

Co descubrimento de América, capitaneada por Cristóbal Colón, para min descendente dos Álvarez de Soutomaior do castelo ou casa forte de Fornelos da Ribeira, un día ou unha noite partira en sonos, navegando polo Cosmos na busca do asteroide OUMUAMA ou OUMUAMUA, que tras unha viaxe de centos de milleiros de anos atravesou a Vía Láctea, converténdose no primeiro obxecto de orixe interestelar.

Con unha lonxitude de 400 metros, rochoso e vermello, podería gardar grandes cantidades de metal no seu interior. ¡Quen o sabe!
En sono, non se coñecía a súa orixe xa que na súa traxectoria levada na Vía Láctea,, na Constelación de Lira, dirección a estrela Vega, a unha velocidade de 95.000 quilómetros hora, ben puidera ser un expulsado do sistema durante a súa formación e logo empuxado pola migración de grandes planetas. O certo é, e non e conto, que cando se pretendía telo de base ou parada para conseguir ir a Lúa Europa de Xúpiter, escapou a unha velocidade de 130.000 quilómetros hora camiño dos confíns do espazo.

Postos a fantasmar si é un obxecto artificial ou non, os construtores non poderían habelo feito mellor para axustala traxectoria camiño doutro destino e como un cigarro puro, nos deixou na estocada, e tivemos que pensar na APOPHIS, que pasara dentro de certo tempo próxima a Terra.

A verdade é que este acontecemento constituíu un dos momentos fundamentais do sono e dos viaxes interplanetarios da historia da humanidade.

Non souben si usar o termo descubrimento coa chegada de Colón, xa que por un lado, e dende un punto de vista da humanidade ”Europa”, lúa de Xúpiter xa estará descuberta por outros chegados a ela, ou por outro lado, existe unha primeira chegada, aínda sen evidenciala distancia e tempo de “contacto”.
Este sono si tería un importante impacto como a introdución de diferentes vexetais e animais, a través da aterraxe no asteroide Oumauma, quizais portador de vida, que nos fixera chegar a Europa, o encontro doutras culturas e outro proceso histórico, como o de Colón na América.

Por certo, o noso Colón realizou catro famosos viaxes dende Europa a América no 1.492, 1.493, 1.498 e 1.502 respectivamente, mais ou menos como o noso sono.

Xa non podemos chegar o asteroide Oumuama porque fuxiu estrepitosamente, a outros mundos, base do noso primeiro viaxe.

Si a Real Provisión dos Reis Católicos, dirixida a certos veciños de Palos o 30 de abril de 1.492: “Vien sabedes como algunas cosas fechas e cometidas por vosotros en asserbicio nuestro, por los del nuestro Consejo fuisteis condeandos a que fuésedes obligados a nos servir dos meses con dos cara belas armadas a vuestras propias costas e espensas cada e quanto e doquier que por nos vos fuese mandado so ciertas penas, seguindo que todo más largamente con la dicha sentencia que contra vosotros fue dada se contiene. E agora, por quanto nos avemos mandado a Christobal Colón, que vaya con tres caravelas de armada, como nuestro capitán de las dichas tres caravelas, para ciertas partes de la mar océana sobre algunas cosas que cumplen a nuestro servizo e nos queremos que leve consigo las dichas carabelas con las que asy nos aveis de servir…”

(Arquivo Xeral de Indias. Asinatura. Padroado, 295 N 3ª que estaban prestos a cumplir en todo e por todo segundo súas Altezas mandaban).
Así embarcaron as naves de Colón, na presencia dun escribán, duna comisión encargada de cumprir a provisión, etc…

E o noso Colón, nestas circunstancias “vamos a este viaxe que si saimos del e Deus nos descubre terras, yo os prometo pola Coroa Real de partir con vos”.

E así tamén o sono, ultimou os preparativos da expedición espacial formada por home e muller, e parar no asteroide Apophis, un xigante rochoso que cada certo tempo se aproxima a Terra, onde arribaran para repostar auga e outros elementos de vida.

De feito o viaxe non resultará nada fácil, pese a presencia das dotes de mando para resolvelas situacións. De aquí seguiremos viaxando a outro asteroide que encontremos no camiño para escoitar: “Europa a vista”. Porque si Colón o xoves 11 de outubre, as dúas horas despois de media noite cantou “terra” da cal estarían a dúas leguas, amainaron as velas, e quedaron con o treo, que era a vela grande sen bonetas e puxéronse a corda, temporizando ata o venres da chegada a illa Lucayos, vendo xente desnuda, etc. E que viron na Europa os nosos soñadores ¿Se confundiron como Colón sinalando que se encontraban na zona oriental do continente asiático que confundiran con India?
¿Non nos pasou a nos, co sono dos asteriodes, fonte de vida? ¿Que sería de nós sen esa fonte?

No sono estaban os meteoritos primitivos, chamados “condritas carbonáceas”, como fontes dos elementos volátiles da Terra, ou sexa elementos que inclúen hidróxeno, nitróxeno e carbono, orixe da auga e da vida no noso planeta.

Neste sono a lúa Europa de Xúpiter, o igual que fixera Colón, para o descubrimento de América, estaba o cálculo da proporción do isótopo denterio do hidróxeno na auga conxelada calculando a distancia relativa o sol na que se formaron os corpos que contiñan auga, aproveitando as composicións isotópicas de higróxeno similares. Porque os cometas, e as condritas carbońáceas formadas mais aló da órbita de Xupiter, poida que teñan materia orgánica igual a da Terra.

Neste grande sono aparecen as condritas carbonáceas como cinturón de asteroides que existen entre Marte e Xúpiter, grande parte elementos volátiles da Terra, E o sono, recolleu da National Geographe, como os asteroides contribuíron a moldeala vida na Terra e os astrónomos a estudar os fragmentos das rochas.

Neste grande sono, aparecen os asteroides do Sistema Solar, entre Marte e Xúpiter, chamado “cinturón de asteroides” cubertos de nubes de gas e po a partir da cal se crearon os planetas, soles e lúas. E si queredes: Algúns son tan grandes que teñen suficiente gravitación para atraer a propia lúa.

Meditando no sono, si os bosques de Suramérica son os pulmóns do mundo, os seus ríos, e os seus humedais as veas e arterias, os asteroides, deben ser para nós, a fonte dos viaxes interplanetarios, aportando nos viaxes aqueles elementos que, como a auga, nos son necesarios e a menor custo posible. Polo tanto, se quedou no sono, de estudar os asteroides para aproveitarnos deles.

Así que, para uns os asteroides son unha ameaza apocalíptica, e o sono pregunta si non será esencial saber como naceu a vida aquí na Terra.

En sonos, miro os asteroides para axudarme a entender que química é posible no Universo. Tódalas noites durmindo penso no estudo de materiais dos asteroides e meteoritos, que a diario caen a Terra, para probala validez as moléculas que nos axudan a dar vida. Porque vamos a ver: “ Si modelas unha reacción química prebiótica no laboratorio, poderás discutir si tes ou non os materiais correctos, a detención dunha molécula nun asteroide ou dun meteorito, única evidencia de que todos aceptaron que é prebiótica.

Cos ollos abertos, mentres os xeólogos cren que a Terra foi diferente fai miles de millóns de anos, e que incluso o Sol, foi diferente, se alimenta a idea das reaccións químicas que formaron as proteínas. Incluso as illas, foran as incubadoras potenciais da vida coas moléculas que choven da atmosfera.

Voltos de novo en sonos, nun lugar da “chispa da vida”, as moléculas poderían haber evolucionado o longo do tempo, dando lugar a ritmos diferentes en diferentes lugares.

Cantas veces fun a durmir pensando en querer saber como eran as condicións de vida na Terra primitiva! Sería interesantísimo sabelo sucedido.

A vida puido chegar a Terra cos asteroides e coa chegada, pensar: “De Marte, nos chegaron enormes pedras e ¿Viceversa cantas?
O Sistema Solar actúa como as redes de pesca: “Captura obxectos do espazo interestelar, pero non puido con o Oumuama, que fuxiu para non se quedar atrapado.

Os asteroides son a “clave para descubrir” como a Terra se converteu nun planeta habitable e coa diversidade de vida impresionante que coñecemos actualmente.

Quizais algún día, noutro sono encontremos que no viaxe a lúa Europa de Xúpiter, aterricemos ou amaremos, en cada un dos asteroides para repuñernos dos elementos necesarios para a vida.

Colón, no seu trascendental viaxe formou unha flota coas tres naves: Santa María, Pinta e Niña, e neste viaxe a Europa de Xúpiter, comparado con aquel, é un auténtico “paseo cósmico”, co mesmo mérito de Colón, coa expedición. O único instrumento que levaba Colón era a “brúxula” e no viaxe interestelar unha cantidade de instrumentos que¡ manda carallo.

Colón no seu primeiro viaxe levou cabalos e cans. Nas Canarias apostou polos animais, plantas, auga e alimentos, para a súa climatación. E neste sono interestelar, levamos, como el, loureiro, allos, olivas e ata unha figueira, por si puidera dar figos.

Neste sono interplanetario se leva ben estudado, os alimentos, animais, enfermidades, ideas, que serán os acontecementos mais significativos da historia contemporánea.

Os sonos, sabían por Galileo que Europa se descubrirá no 1.610, que é lixeiramente mais pequena que a nosa Lúa; que orbita un pouco mais de 3 días e medio, e que mira sempre para Xúpiter . O que non sabían os sonos e que ten auga e que o telescopio Hubble detectara fumatas de vapor na superficie e que é un firme candidato en albergar vida.

Antes, se pregunta: ¿Como se fixo, canto custou, quenes foron, que comeron durante a travesía, facendo parada nos asteroides ata chegar a Europa?

Si Colón o fixo con dúas carabelas aptas para a navegación polo Atlántico, ¿Que non se pode facer navegando polo espazo cósmico?

E así como non se soubo con certeza a illa onde arribou, a chegada os asteroides non se coñecerán ata a chegada a Europa.
Logo, si Colón trouxo consigo indios cautivos, loros e plantas descoñecidas ¿ Que traeremos nós devolta de Europa?
Aqui está unha e outra historia dun mundo cada vez mais pequeño, grazas a este primeiro viaxe.

¿Que nos dirá o sono o chegar a Europa?

Moitos misterios están por descubrir, pero moi pronto se profundaraa neste interesante satélite do Sistema Solar que dista 658 millóns de quilómetros da Terra.

Agora so nos queda viaxar no tempo, en sonos, mentres que algún día pensemos na idea absurda de movernos para diante ou para atrás nesa liña do tempo, que algún día se convertera en realidade.

Xa veremos o que ocorrera co tempo. Seguro que morrerei sen sabelo.

Síguenos: