A familiar historia . . .

apheza argentina terra prometida

Me fala daqueles homes da miña familia chegados a Bos Aires, atravesando o Océano Atlántico, imaxinando como serían aquelas terras Arxentinas, na busca de traballo, felicidade e progreso. Estes e outros fillos de Fornelos da Ribeira, que elixiron esta terra para construír a súa casa, o seu eido, formar unha familia para perpetuar a xenealoxía. Aqueles homes e mulleres, que arribaron a Bos Aires, Clemente Francisco Cambra e Rivas, Juan Bautista, en Lomas de Zamora e Jesús, en tren cruzando campos e pobos, perdido na Pampa, para encontrar traballo, teito, comida e esperanzas, como igualmente fixera o seu sobriño Clemente Estévez Cambra, ata chegar a encontrar Rosario.

Rosario, aquela vila integradora de vida que co tempo se fora facendo grande, enfrontándose a problemas inéditos, pero aberta as posibilidades de encontro, coa esperanza solidaria ante a necesidade.

Aqueles meus parentes, inmigrante sentiron e mantiveron o sentido da colectividade, para preservar validamente a cultura e a tradición, quedándose alí, próximo o rio que lles lembraba seguramente o río Tea da súa infancia o seu paso por Fornelos da Ribeira. Non era ilusorio supoñer unha cidade industrializada, activada polo comercio e a cultura. Xunto a ela, a cultura, de artigos periodísticos no diario La Provincia, Corrientes, en 1.902.

Tamén algúns fotógrafos no 1.871 na Exposición Nacional de Córdoba con o “Albúm de Visitas e Costumes” da República Arxentina, dende o Atlántico ata os Andes; ou 24 fotos de Bos Aires, interesantes, que permitiron actualizar catálogos, etc.

Penso eu naquelas noites de insomnio en que se encontrarían axitados polas contrariedades da vida. ¡Que horrible, unha noite de insomnio poboada de pantasmas, precipicios e tempestades, sen esperanzas de salvación!

Vendo imaxinariamente o familiar Jesús Cambra e Rivas, ou o sobriño Clemente Estévez Cambra, emprendendo viaxe, partindo para Mendoza, camiño de Uspallata, chegar a Villa Vicencio, con posada, onde non había nin camas nin comida, cercados polos cans de grande tamaño, mirando con podían alcanzar algo de comida. ¡Pobres animaliños!

Seguir viaxe por barrancos dun lado a outro, e como a tres leguas de distancia do punto de partida con unha néboa implacable, interromper o viaxe en Hornillos, onde vivía unha familia chilena, ocupada en extraer ouro dunha mina, sen saber si por temor a que os roubaran ou por esconder a miseria na que vivían, non lles deixaran descansar.

A mañá seguinte, se puxeron en marcha a cruzar Paramillo de Villa Vicencio, e o “Caixón das Nenas”, propiedade dun tal González de Mendoza, estando a 49 leguas e a 3.026 metros de altura, quizais no Puente del Inca, que así lle chamaban por acudir os Incas do Perú, a tomalos baños desas augas.

Coa “alegría dos náufragos”, vagaron, baixando pola ribeira do río, polo camiño de Mendoza, onde pernóctan, sen cama e sen comida e cos famentos cans.

A partir de aquí pouco mais podo contar. Que descansen en paz todos eles, e que u poda seguir descubrindo algo mais destes meus familiares, que alcanzaron a gloria na Arxentina.