Sucedera no rueiro de Pedrapiñeira

Rio Tea Fornelos da Ribeira

Xa o di todo: Pedra e piñeira. Terra de moitas lendas. Din que debaixo da pedra está enterrada unha capela de ouro e outra de prata. E tamén se di que debaixo da “pedrapiñeira”, había escondidas dúas arcas, unha de ouro e outra de veleno, que chegaran ata aquí para facerse rico.

A verdade é que non sei que ten que ver unha historia con outra, pero me contaban que os antepasados nosos, comentaban haber mulleres encantadas.

Verdade ou non, se comentaba tamén, que un mozo de San Martiño de Moreira pasara por alí, cando de repente vira a unha fermosísima meiga. Ante ela, tiña unha chea de cousas para vender. O mozo a mirou e a meiga lle pedira lle mercara o que mais lle gustara. E ¡mira por onde! O que mais lle gustou, segundo dixera el, foran as tesoiras.

Pois, ¡lévana ! Respondeulle anoxada por non ollar para ela.

¡¡ Oxalá !! As craves nos ollos.

A o tempo que o mozo lle bota a man as tesoiras, esta lle saltaron os ollos e case que queda cego.

Marchouse o mozo de regreso para San Matiño de Moreiras por Rañe abaixo, onde vira no facía moito, o pasar por alí, algo que non sabía explicar, e atraído pola novidade se quedou pasmado con tanta beleza.

A verdade é que tiña uns ollos e unha faciana e beizos belos, codiciables. Cabelos ata a cintura, e adornos cinguían os seu brazos. Tanto fora así que o mozo non se cansaba de mirala.

Mercarme algo. O que mais te guste.

O que mais me gusta es ti.

Ela non se ofendeu

Non podo ser para ti, porque son unha meiga encantada, e so que me desencantes, podería ser.

Eu son valente, para iso son fillo de San Martiño de Moreira.

¿Que teño medo?

Pensativa ela, lle di: Podemos probar, pero ¡Ollo! que podo converterme nunha serpe e morderte.

¡Coidado! So podes darme un biquiño na punta do rabo. Desta maneira racharás o encanto e camiñarei contigo.

Apareceu o mesmo tempo outra serpe, pero o querer darlle o bico desapareceu, e novamente tiña ante si outra desencantada . . .

Que cada un poña algo da súa parte para que sexan moi ditosos.

Xa sabedes que lendas, “hainas”, o caso é dar con elas.

Síguenos: