A vida ven do viño

terra mundial

Ai que di que a “panspermia” non e unha enfermidade nin ren que se lle asemelle, senón unha crenza ou teoría que di que a vida viu en forma de bacteria transportada por meteoritos do espazo, e cando chocaron coa Terra, se uniron con outras moléculas formando a vida. E eu me pregunto ¿E porque non do viño, cando eses supostos elementos do ADN ben puideran probar que a teoría da “panspermia” era factible?
Como sempre ai lagoas na teoría porque non se poden probar. Este é o grande fallo. Logo o ADN cos miles de elementos concretos para unilos elementos da vida, ¿Onde caeu o meteorito? E ¿Como se uniron?

O aleatorio do asunto e que determinar o por que de unirse, si e que se uniran. ¿De onde ven a idea para unirse, formar a vida, si e que se puido formar a vida?

Pois ben, a miña teoría e provocada polos alieníxenas enviando unha mestura de uvas para formar vida no noso planeta. E si é difícil de demostrar esta teoría, aí queda para o que queira estudala.

E certo que os científicos dubidan da teoría “científica” e dos supostos medios. Por aí anda moita teoría sobre a suposta orixe da vida, pero eu me quedo coa miña: A vida viu do viño.

¿Por que? Porque o viño e un ser vivo, que foi cambiando o longo do tempo. Por iso se di e con razón, de que despois de nacer, o viño crece, se desenrola, alcanza a súa plenitude e termina envellecendo para morrer. Así e o ciclo da vida do viño, e así e o ciclo da nosa vida. Afortunadamente o ritmo da detección do viño e sempre bastante mais lenta, por exemplo, cos froitos. E como as persoas, salvo excepcións, alcanzan lentamente a plenitude e tardan en caer.

No meu Fornelos da Ribeira, sempre pensaron que os viños proveñen das uvas igual que eu, e seremos segundo a xenética, e a súa adaptación o medio físico onde se cultive. O ciclo de vida do viño, por desgracia non se lle pon data de consumo preferente, e si data de embotellamento por obriga, para evitar “alusións desagradables sorpresas”.

Sempre se admitiu que a vida na Terra era un fenómeno local, coa hipótese das células vivas primitivas, da evolución química en proceso de abioxénese, e que da biosfera do noso planeta xurdirá a “semente” extraterrestre.

Na historia do noso Sistema Solar existiron mundos con auga líquida, o engraxe esencial para a vida como tal a coñecemos. A vida do viño, ¿Viu doutro mundo? ¡Vai ti a saber! Porque ai quen pensa, tamén, que a vida viu do po interplanetario procedente de cometas e outros materiais sobrantes da formación do Sistema solar, bombardeadas de “íons” de hidróxeno liberando osíxeno con auga como compoñente necesario para a orixe da ida.

Todo está moi ben, pero eu sigo pensando que avida viu do viño, porque a vida, se marida mellor con viño. E o que non estea conforme, o sinto, pero chorar non podo.

Síguenos: