¡¡Canto bicho ai neste mundo!!

ben e mal

Si, amigos que me ledes: Hai moitos bichos malos neste mundo, e todos padecemos a proximidade dalgún deles, e de meniño preguntaba: ¿De onde resurxen?

Eu coñecín a mais dun, que foi pícaro e ladino e mereceu o enterramento post mortem. Sempre o considerei que ben sería un accidente, entre tanto mal, e a cada travesura da infancia, encontraba unha coartada, unha fiestra, para fuxir, unha confusión casual e ¡Zape! Pero antes de morrer xa tomara precaucións.

No velorio da aldea, home de reflexos co mais ateo da parroquia e da historia de Fornelos da Ribeira, se escoitaban comentarios sobre o morto, a esa hora en que xa ninguén se reprime, porque xa chorara escoitando a novidade confesión dos achegados. ¿Haberá marcado os naipes? Cargara dados, e era un mais dos vellos raposos, dixera un veciño da Cruz, que se vanagloríaba de ser o mellor testemuña falso da historia de Fornelos da Ribeira, aló polos anos 1.828.

Susurraba ser avogado en Ponteareas que traizoara o propio xudas. Había plaxiado a Bécquer, suspirando pola veciña. No carnaval usaba máscaras de carcamán, lembrando a veciña da Abelenda. E contan que o propio Mefisto, lle encomendara a cobranza das almas amorosas, beneficiario de pactos incumpridos, firmados con sangue e que o mesmo se quedara coa recadación do confidente.

Na véspera da súa morte relatara un escribán, ante a dúbida de que existira un Mais Alá, e querendo ter refuxio contra eventuais chamas e abrasantes, deixou un codicilo no testamento a favor do crego. E non seguro disto, agregou o escribán que se fixo fabricar unha mortalla dando a orde de que se envolvera xa cadáver, coa esperanza de permanecer incombustible, ¡Quen sabe, para que! As chamas do propio inferno. E así finou aquel fillo de Fornelos da Ribeira, que algún día saberedes de quen se trata.

Síguenos: